Mesía, Mesía
Mesía | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de San Cristovo. | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°06′50″N 8°16′28″O / 43.11401, -8.27439 |
Área | 14,26 km² |
Poboación | 359 hab. (2023) |
Densidade | 25,18 hab./km² |
Entidades de poboación | 24[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Mesía é unha parroquia do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 359 habitantes (199 homes e 160 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 531 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Localízase ao oeste do concello. Limita ao noroeste con Visantoña, ao suroeste con Olas, ao sueste con Xanceda, ao leste con Bascoi e ao norte co concello de Oza-Cesuras.
Caracterízase por ser accidentada con dúas zonas de pendentes diferenciadas. Por un lugar, a pendente acusada, na galla dun 13 a un 25 %, ao leste do río Samo e por outro lugar, unha pendente máis suave, dun 6 a un 13 % de pendentes, ao leste do río Samo. As cotas máis altas danse nesa primeira zona, chegando aos 462 metros de altitude no Monte Alfonsín.
Comunícase a través da estrada AC-223.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Cristovo de Mesía data do século XVIII, presenta planta de cruz grega. Dentro alberga un retablo ornamentado con pezas clásicas, encabezadas pola imaxe de San Cristovo.
O Pazo de Recelle data do século XVII, ten escudo na fachada. A estrutura é unha planta rectangular. Nas inmediacións atopamos un hórreo de tres cepas e unha fonte con pía de cantería.
Festas
[editar | editar a fonte]- As Misas, na fin de semana despois de Corpus.
- San Cristovo, segunda fin de semana de xullo.
- Virxe das Mercedes o 8 e 9 de setembro.
- “Romaría dos Quintos” o 24 de setembro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Mesía
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Mesía no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
Afonsín | Alvite | Amil | Areosa | Astrai | O Campo | A Castiñeira | O Cruceiro | O Curro | A Escaravelleira | Feás | Feás de Arriba | Fondo da Aldea | Gudín | A Igrexa | Leborís | O Monte | Nosiño | O Outeiro | Recelle | Sobrado | Tiñoso | A Torre | Vilar |