Castelo San Felipe de Barajas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porto, Fortalezas e conxunto monumental de Cartaxena de Indias
Vista do castelo
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Colombia
LocalizaciónCoordenadas: 10°25′20″N 75°32′17″O / 10.42222, -75.53806
TipoCultural
CriteriosIV, VI
Inscrición1984 (8ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador285

O Castelo San Felipe de Barajas é unha fortificación que se atopa na cidade de Cartaxena de Indias, en Colombia. O seu nome real é Forte de San Felipe de Barajas. Está situado sobre un outeiro chamado San Lázaro e foi construído en 1657 durante a época colonial española. Sufriu constantes ataques por parte dos ingleses e franceses, sendo o comandante francés Barón de Pointis quen tomase o castelo a mediados de 1697.

En 1984, a Unesco incluíu o centro histórico da cidade de Cartaxena de Indias, o conxunto das súas fortificacións e o castelo San Felipe de Barajas dentro da lista de Patrimonio da Humanidade.[1] Considérase unha das sete marabillas de Colombia, recoñecemento que lle acredita como unha das máis grandes estruturas construídas en territorio colombiano, logo dunha enquisa realizada polo xornal El Tiempo.[2] Tamén forma parte do patrimonio histórico e cultural de Colombia, segundo o Ministerio de Cultura.[3]

Ao longo de toda a súa historia, a fortificación militar sufriu varias remodelacións co fin de evitar a súa deterioración e manter conservado un monumento importante, non só para a xente de Cartaxena, senón tamén para toda Colombia. Hoxe en día serve como un atractivo turístico e é o lugar de importantes eventos e reunións sociais. O 14 de abril de 2012, o castelo foi o escenario principal da cea de benvida na celebración do VI Cumio das Américas.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Port, Fortresses and Group of Monuments, Cartagena". Unesco. Consultado o 14 de abril de 2012. 
  2. "Estas son las siete maravillas de Colombia, elegidas por los lectores de eltiempo.com". El Tiempo. Consultado o 14 de abril de 2012. 
  3. "Colombia Mi Patrimonio". Ministerio de Cultura. Consultado o 14 de abril de 2012. 
  4. "Novecientos invitados asistieron a la cena de bienvenida de la Cumbre". Noticias Caracol (Caracol Televisión S.A.). 14 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal (HTML y video streaming) o 17 de abril de 2012. Consultado o 15 de abril de 2012. 
  5. Mclaud, Herald. "Castillo San Felipe de Barajas". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2018. Consultado o 03 de agosto de 2020.