Castelo Dough

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Castelo Dough
Castelo Dough (Lahinch).jpg
ConcelloLahinch
ProvinciaMunster, Irlanda Irlanda
Coordenadas52°57′04″N 9°21′02″O / 52.95111111, -9.35055556Coordenadas: 52°57′04″N 9°21′02″O / 52.95111111, -9.35055556
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalTorre medieval (1306)
Estado actualEn ruínas
Véxase tamén
Castelos de Irlanda
editar datos en Wikidata ]

O castelo Dough (en irlandés: Dumhach Ui Chonchuir, que significa baixío dos O'Connor) é unha torre medieval que se atopa no concello de Lahinch, no oeste de Irlanda. Foi construído a comezos do século XIV por orde dos O'Connor, mais non se conserva nada da estrutura orixinal.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O castelo está na parroquia de Kilmacrehy e ao carón da desembocadura dos ríos Inagh e Deelagh.

Estado actual[editar | editar a fonte]

Por mor de que os seus cimentos se atopan sobre area, o castelo veuse abaixo varias veces e hoxe en día está en ruínas. Consérvase pouco máis que a torre O'Brien[1] no campo de golf de Lahinch.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fraser, James (1844). W. Curry, Jr., ed. Hand-book for Ireland. p. 395. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]