Casimiro Curbelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Casimiro Curbelo Curbelo»)
Casimiro Curbelo
Casimiro Curbelo

Actualmente no cargo
Dende o 1991
Precedido por Ramón Jerez Herrera

Datos persoais
Nacemento 29 de novembro de 1955 San Sebastián de La Gomera, España España
Partido Agrupación Socialista Gomera
Profesión Político

Casimiro Curbelo Curbelo, nado en San Sebastián de la Gomera o 29 de novembro de 1955, é un político español, presidente do Cabido Insular de La Gomera dende 1991.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de La Laguna.[1] En 1982 ingresa no Partido Socialista Obrero Español (PSOE), a súa vida laboral exclusivamente baseouse na política, chegando a ela un ano antes de finalizar a súa licenciatura, sendo elixido o ano seguinte secretario xeral da Agrupación Socialista de La Gomera e membro da Comisión Executiva e Comité Rexional do Partido Socialista Canario (PSC-PSOE). É elixido alcalde do seu municipio natal, San Sebastián de la Gomera, entre 1983 e 1986.

Foi parlamentario rexional da comunidade autónoma das Canarias durante o período 1987-1991 e de novo outra vez entre 2007 e 2011.[2]

Tamén foi vicepresidente do Consello de Entidades Canarias no Exterior (desde 1991 ata 1993).

Nas eleccións de 1991 resulta elixido presidente do Cabido Insular de La Gomera, e desde 1993 é senador pola illa de La Gomera. O 18 de xullo do 2011 presentou a súa dimisión como senador.

En marzo de 2015 abandona o Partido Socialista Obreiro Español, e preséntase coa Agrupación Socialista Gomera como candidato novamente ao Cabido de La Gomera e ao parlamentario rexional.[3] O 24 de maio de 2015 volve ser proclamado de novo Presidente do Cabido e Parlamentario pola Agrupación Socialista Gomera, obtendo coa devandita formación 10 conselleiros ao Cabido e 3 parlamentarios.

O 24 de xuño constitúese o parlamento rexional e desígnase a Casimiro Curbelo como portavoz do Grupo Mixto na cámara, cargo que ostenta ata a actualidade.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Casimiro Curbelo repite como cabeza de lista socialista á Presidencia do Cabido". eldia.es. 5 de decembro de 2006. Consultado o 31 de outubro de 2011. 
  2. "O socialista Casimiro Curbelo presenta a súa dimisión como senador". publico.es. 5 de decembro de 2006. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  3. "Curbelo: "Os gomeros votan ás persoas e non ás siglas"". laopinion.es. Consultado o 26 de xullo de 2015. 
  4. "Curbelo: "Discurso de Casimiro Curbelo, deputado de Canarias por ASG na investidura do Presidente de Canarias"". elperiodicodecanarias.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 8 de xullo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Juan Ignacio Sánchez Bernal

Alcalde de San Sebastián de La Gomera

1983-1987
Sucesor:
Ángel Luis Castilla
Predecesor:
Ramón Jerez Herrera

Presidente do Cabido Insular de La Gomera

1991-actualidad
Sucesor:
No cargo