Casimiro Curbelo
Casimiro Curbelo | |
![]() | |
Actualmente no cargo | |
Dende o 1991 | |
Precedido por | Ramón Jerez Herrera |
Datos persoais
| |
Nacemento | 29 de novembro de 1955 San Sebastián de La Gomera, España ![]() |
Partido | Agrupación Socialista Gomera |
Profesión | Político |
Casimiro Curbelo Curbelo, nado en San Sebastián de la Gomera o 29 de novembro de 1955, é un político español, presidente do Cabido Insular de La Gomera dende 1991.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de La Laguna.[1] En 1982 ingresa no Partido Socialista Obrero Español (PSOE), a súa vida laboral exclusivamente baseouse na política, chegando a ela un ano antes de finalizar a súa licenciatura, sendo elixido o ano seguinte secretario xeral da Agrupación Socialista de La Gomera e membro da Comisión Executiva e Comité Rexional do Partido Socialista Canario (PSC-PSOE). É elixido alcalde do seu municipio natal, San Sebastián de la Gomera, entre 1983 e 1986.
Foi parlamentario rexional da comunidade autónoma das Canarias durante o período 1987-1991 e de novo outra vez entre 2007 e 2011.[2]
Tamén foi vicepresidente do Consello de Entidades Canarias no Exterior (desde 1991 ata 1993).
Nas eleccións de 1991 resulta elixido presidente do Cabido Insular de La Gomera, e desde 1993 é senador pola illa de La Gomera. O 18 de xullo do 2011 presentou a súa dimisión como senador.
En marzo de 2015 abandona o Partido Socialista Obreiro Español, e preséntase coa Agrupación Socialista Gomera como candidato novamente ao Cabido de La Gomera e ao parlamentario rexional.[3] O 24 de maio de 2015 volve ser proclamado de novo Presidente do Cabido e Parlamentario pola Agrupación Socialista Gomera, obtendo coa devandita formación 10 conselleiros ao Cabido e 3 parlamentarios.
O 24 de xuño constitúese o parlamento rexional e desígnase a Casimiro Curbelo como portavoz do Grupo Mixto na cámara, cargo que ostenta ata a actualidade.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Casimiro Curbelo repite como cabeza de lista socialista á Presidencia do Cabido". eldia.es. 5 de decembro de 2006. Consultado o 31 de outubro de 2011.
- ↑ "O socialista Casimiro Curbelo presenta a súa dimisión como senador". publico.es. 5 de decembro de 2006. Consultado o 18 de xullo de 2011.
- ↑ "Curbelo: "Os gomeros votan ás persoas e non ás siglas"". laopinion.es. Consultado o 26 de xullo de 2015.
- ↑ "Curbelo: "Discurso de Casimiro Curbelo, deputado de Canarias por ASG na investidura do Presidente de Canarias"". elperiodicodecanarias.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 8 de xullo de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Predecesor: Juan Ignacio Sánchez Bernal |
![]() Alcalde de San Sebastián de La Gomera 1983-1987 |
Sucesor: Ángel Luis Castilla |
Predecesor: Ramón Jerez Herrera |
![]() Presidente do Cabido Insular de La Gomera 1991-actualidad |
Sucesor: No cargo |