Cabido de La Gomera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cabido Insular de La Gomera»)
Escudo do Cabido de La Gomera.

O Cabido de La Gomera (en castelán: Cabildo de La Gomera) é o órgano de goberno da illa de La Gomera, nas Canarias. Como todos os cabidos, foi formado a partir da Lei de Cabidos de 1912, e é a forma gobernativa e administrativa propia das Illas Canarias, que cumpre dúas funcións principalmente: por unha parte, presta servizos e exerce competencias propias da Comunidade Autónoma e por outra, é a entidade local que goberna a illa.

O seu presidente dende 1991 é Casimiro Curbelo Curbelo, da ASG.

Áreas de goberno[editar | editar a fonte]

  • Ordenación e Planificación do Territorio Insular, Turismo, Emprego e Desenvolvemento Económico, Enerxía, Industria, Artesanía, Comercio e Innovación
  • Sector Primario e Desenvolvemento Rural, Protección do Medio e Caza, Emerxencias e Protección Civil.
  • Presidencia, Economía, Facenda, Obras Públicas, Cooperación municipal e Bo Goberno.
  • Educación, Cultura, Deportes, Mocidade e Patrimonio Histórico, Política Social e Igualdade.
  • Infraestruturas, Transportes e Comunicacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]