Casa dos Espellos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Casa dos Espellos
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cultura galega (ISSN 2603-9583) é unha revista de investigación editada pola Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo. Trátase dunha publicación de temática histórica e artística, centrada no estudo de Galicia con especial referencia ao seu pasado indiano e emigrante. Aborda do mesmo xeito o estudo do pasado histórico da vila de Betanzos.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Casa dos Espellos é unha revista en código aberto, dispoñible para a súa consulta en liña e cuxo primeiro número saíu á luz en marzo do 2018. Neste primeiro número presentáronse diferentes liñas de investigación novas no que respecta ao pasado das obras dos Irmáns García Naveira, á influencia do Val d´Osne no deseño das pezas do Parque do Pasatempo e ao coñecemento de fontes fotográficas, bibliográficas e arquivísticas sobre este asunto.[1]

Os artigos deste primeiro número son:

  • Bibliografía sobre o Parque do Pasatempo (1900 - 2017) - Ángel Arcay Barral
  • El regreso de los indianos - Jorge Barrecheguren Fernández
  • Una aproximación al origen medieval de la Feria Franca de Betanzos - Paula Cadaveira López
  • Os García Naveira, dous paradigmas dun indiano - Eduardo de la Fuente Marqués
  • O traxe como fonte de información: modo de vida, importancia social e datación das fotografías do Parque do Pasatempo - Sara Fraga Pérez
  • A arte no Pasatempo de Betanzos. Un templete de catálogo - Daniel Lucas Teijeiro Mosquera
  • O Parque do Pasatempo no arquivo gráfico do Museo de Pontevedra - Ernesto Vázquez-Rey
  • Fontes documentais arredor dos García Naveira: Obras públicas do Parque do Pasatempo no Arquivo Municipal de Betanzos - Ángel Arcay Barral e Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, ed. (2018). Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo (ed.). Casa dos Espellos.  Consultado o 29/3/2018. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]