Casa de Nariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 4°35′44″N 74°4′39″O / 4.59556, -74.07750

Fachada da Casa de Nariño.

A Casa de Nariño, tamén chamada Palacio de Nariño, é a residencia oficial do Presidente de Colombia e é a sede de goberno do país. Atópase situada no centro histórico de Bogotá.

O Palacio de Nariño ou de la Carrera (como se chamaba antigamente), foi inaugurado o 20 de xullo de 1908 e construído nos predios da casa natal de Antonio Nariño.[1][2] O deseño estivo a cargo dos arquitectos Gastón Lelarge e Julián Lombana.

En 1979 foi reinaugurado despois de engadirlle novas construcións. O palacio alberga obras de arte e mobiliario de diferentes épocas da historia colombiana.

Nos seus xardíns atópase o primeiro Observatorio Astronómico construído en América, deseñado e levantado en 1803 polo arquitecto capuchino Frei Domingo de Petrés e cuxo primeiro director foi José Celestino Mutis.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Palacio de la Carrera". Banco de la República. 
  2. "Bicentenario en Bogotá 1810-2010" (PDF). Alcaldía Mayor de Bogotá. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de marzo de 2014. Consultado o 01 de outubro de 2018. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 01 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Saavedra Soler, Germán (1979). El palacio de Nariño. Bogotá. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]