Saltar ao contido

Cartismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Disturbios cartistas.

O cartismo[1] (Chartism no inglés) foi un movemento da reforma social que xurdiu no Reino Unido e que expresaba a axitación da clase obreira debido aos cambios derivados da Revolución Industrial, á situación económica e ás leis promulgadas polo Parlamento. Ao igual que o Ludismo, o Cartismo foi un movemento propio da primeira etapa do movemento obreiro, pero a diferenza daquel, tivo unha índole esencialmente política. Obtivo o seu nome da "Carta do pobo" (The People's Charter) que é un documento escrito o 7 de xuño de 1837 no British Coffee House de Londres, enviado ao Parlamento Británico no 1838 que sinala as 6 peticións do movemento, nas que se reivindicaba:

  • O sufraxio universal (aos homes maiores de 21 anos, sen antecedentes penais)
  • Voto secreto
  • Soldo anual para os deputados que posibilitase aos traballadores o exercicio da política.
  • Reunión anual do Parlamento, que aínda que puidera xerar inestabilidade, evitaría o suborno.
  • A participación dos obreiros no Parlamento mediante a abolición do requisito de propiedade para asistir ao mesmo.
  • Establecemento de circunscricións iguais, que asegurasen a mesma representación ao mesmo número de votantes.

Os defensores do Cartismo pensaban que cando os traballadores alcanzasen o poder político, poderían adecuar as leis aos seus intereses de clase. A duración deste movemento abarcou unha década, entre 1838 e 1848, aínda que as reunións dos movementos continuaron ata 1852. Manifestouse en 3 ondadas: en 1838, 1842 e 1848.

  1. Entrada de cartista en Digalego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]