Carrusel (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Carrusel
Autor/aBerta Dávila
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa (nº 401)
Xénero(s)Novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.9 de outubro de 2019
FormatoRústica con lapelas
Páxinas128
ISBN978-84-9151-404-6
editar datos en Wikidata ]

Carrusel é unha novela en lingua galega escrita por Berta Dávila e publicada por Editorial Galaxia en 2019. Nese mesmo ano gañou o XXXI Premio García Barros de novela, outorgado polo concello da Estrada[1]. A revista dixital Fervenzas literarias, especializada en literatura galega, nomeouna a mellor novela galega do ano 2019[2].

Trama[editar | editar a fonte]

Carrusel é unha novela de autoficción, é dicir, aínda que non se exprese explicitamente, a escritora protagonista da novela é a propia autora. Os sucesos e persoas que aparecen na novela, quer que ficcionados, son personaxes e sucesos da súa propia vida. En realidade, a trama da novela é mínima, composta de lembranzas de diversos períodos da vida da autora, da súa experiencia da amizade, a maternidade, a enfermidade mental (trastorno bipolar) ou a perda de seres queridos.

Narración[editar | editar a fonte]

A novela está escrita en primeira persoa. Destaca polo lirismo da súa linguaxe, a honestidade e sinxeleza con que trata aspectos como a enfermidade mental, as reflexións metanarrativas ou o uso de metáforas matemáticas. Destaca tamén pola penetración psicolóxica coa que a protagonista describe a súa personalidade e a dos seus familiares, en especial do tío Carlos, que ten a mesma doenza mental que a protagonista.

Como xa sucedera en O derradeiro libro de Emma Olsen, a anterior novela da autora, son numerosas as referencias á música pop. De feito, unha das primeiras fontes de inspiración para a novela foi a canción "The Circle Game", de Joni Mitchell.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Berta Dávila gaña o premio García Barros". Concello da Estrada. Consultado o 22/01/2020. 
  2. "Os mellores libros do 2019". fervenzasliterarias.gal. Consultado o 24/01/2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]