Saltar ao contido

Carriza eurasiática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carriza eurasiática
 Nome taxon
    Troglodytes troglodytes Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Ciclo diurno
 Sinonimia
Nannus troglodytes
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaTroglodytidae
XéneroTroglodytes
EspecieTroglodytes troglodytes Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Troglodytes troglodytes Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   15 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   6,3 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Bird of the Year (en) Traducir (2012)
Paxaro do Ano (2004) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0drz2t1 Editar o valor en Wikidata
ITIS178547 Editar o valor en Wikidata
OTT259813 Editar o valor en Wikidata
UICN103883277 Editar o valor en Wikidata
CoL598TT Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Troglodytes troglodytes
Cuculus canorus canorus + Troglodytes troglodytes

A carriza eurasiática[1], comunmente carriza ou carrizo[2], (Troglodytes troglodytes) é un paxaro de aspecto arredondado e moi pequeno (o terceiro máis pequeno dos que viven en Europa). Esta especie é o único representante en Eurasia da familia dos trogloditas (Troglodytidae). Son aves insectívoras que cantan mesmo no inverno e fan niños moi traballados.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Teño andado moito á caza,
nunca vin unha carriza;
non sei se era polos cans
ou pola miña preguiza.

Popular[3]

Como tódolos representantes do xénero Troglodytes, é un paxaro de feitura arredondada, que adoita leva-la cola erguida. As carrizas teñen un bico afiado e lixeiramente curvo, castaño escuro na parte superior e amarelo na inferior. Na xunta do bico teñen plumas a xeito de peliños. Os ollos teñen o iris de cor acastañada. A plumaxe é arroibada na parte superior do corpo e máis da cor do ante por embaixo. Teñen unha lista superciliar de cor crema, pouco definida, que acaba na zona dos oídos, que é escura. Sobre da cola, as ás e os flancos teñen debuxos de liñas ondeantes de cor castaña escura. A cor dos pés varía entre a da carne e o acastañado. Non amosan dimorfismo sexual, por ben que as ás dos machos adoitan ser algo máis longas cás das femias.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Carrizo.
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do carrizo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 31. ISBN 84-7154-379-6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]