Carreira Nova York-París de 1908
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Tipo | competición deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | automobilismo ![]() |
Organizador | The New York Times Magazine ![]() |
Lugar de saída | Nova York ![]() |
Liña de meta | París ![]() |
Localización e Datas | |
Data | 1908 ![]() |



A Carreira Nova York París de 1908 foi unha competición automobilística con saída en Nova York (Estados Unidos de América) e chegada en París (Francia). Este foi un reto importante dado o estado da tecnoloxía do automóbil e as infraestruturas de estradas do momento, e só tres dos seis participantes completaron a carreira. O gañador foi o equipo de Estados Unidos, pilotando un Thomas Flyer de 1907.
En 1907, a carreira Pequín - París inspirou nunha proba aínda máis audaz para estas novas máquinas. O percorrido incluía unha travesía en barco de 240 km a través do estreito de Bering desde Nome ata Cabo Leste, Siberia. No momento considerábase que "o automóbil era a cousa máis fráxil e caprichosa na terra".[1]
A carreira
[editar | editar a fonte]O 12 de febreiro de 1908 seis coches de catro países partiron da liña de saída en Times Square. Ondeaban as bandeiras nacionais de Alemaña, Francia, Italia e Estados Unidos, co Protos en representación de Alemaña, o Zust representando a Italia, tres coches (De Dion-Bouton, Motobloc e Sizaire-Naudin) en representación de Francia, e o Thomas Flyer que competía polos Estados Unidos. Ás 11:15 da mañá un disparo dunha pistola con baño de ouro marcou o inicio dunha carreira ao redor do mundo, nesta nova forma de transporte. Por diante os competidores tiñan moi poucos camiños pavimentados, e en moitas partes do mundo nin existían as estradas. A miúdo, os equipos percorreron as vías do ferrocarril cos seus coches de a cabalo das travesas do ferrocarril para circular durante centos de quilómetros onde non existían estradas.
O estadounidense Thomas Flyer estaba á cabeza cando chegaron a San Francisco logo de cruzar os Estados Unidos[2] en 41 días, 8 horas e 15 minutos. Era a primeira vez que un automóbil cruzaba os EE.UU. no inverno. Logo a ruta levounos a Valdez, Alaska por barco. O equipo Thomas atopou condicións imposibles en Alaska, e a carreira foi desviada a través do Pacífico en buque de vapor ao Xapón, onde os americanos fixeron o seu camiño a través do Mar do Xapón. Logo foron a Vladivostok, Siberia, por barco para comezar a cruzar os continentes de Asia e Europa. De feito só tres dos competidores pasaron máis aló de Vladivostok, o Protos, o Zust e o Flyer.
A tundra de Siberia e Manchuria era unha lameira sen fin, co desxeo da primavera era difícil facer progresos. En varios puntos, o avance mediuse a miúdo en metros no canto de quilometros por hora. Co tempo, os camiños melloraban a medida que se achegaban a Europa e o Thomas chegou a París o 30 de xullo de 1908, gañando a carreira. Os alemáns chegaron a París catro días antes, pero foron penalizados cun total de 30 días por non ir a Alaska, e por transportar o Protos parte do camiño nun vagón de ferrocarril. Iso deulle a vitoria aos estadounidenses con George Schuster (o único americano que cubríu toda a distancia entre Nova York e París)[3] por 26 días. Os italianos chegaron máis tarde, en setembro de 1908.
A carreira foi de interese internacional con cobertura diaria na primeira páxina do The New York Times (un dos patrocinadores da carreira co diario parisiense Le Matin). A importancia do evento estendeuse moito máis alá da carreira en si. Xunto coa Pequín - París a carreira que tivo lugar o ano anterior, estableceuse a fiabilidade do automóbil como medio de transporte fiable, co tempo o automóbil pasou de ser unha diversión dos ricos a unha forma segura e viable de transporte de masas a longa distancia. Tamén deu lugar á petición da mellora das estradas que se construirán en moitas partes do mundo.
O gañador, o piloto George Schuster, foi incluído no Automotive Hall of Fame o 12 de outubro de 2010.
Filmes
[editar | editar a fonte]- Un documental de TV de 2008 The Greatest Auto Race on Earth conta en detalle a épica historia da carreira Nova York-Paris de 1908.
- O filme de 1965 A carreira do século está baseado libremente nos acontecementos da carreira Nova York-París de 1908.
- Wolfgang Ettlich (Dir.): Hat der Motor eine Seele? 1908 im Auto um die Welt. Arquivado 12 de outubro de 2010 en Wayback Machine. (2008, en alemán) 86 min. (en galego, Ten alma un motor? Ó redor do mundo en coche en 1908.)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carreira Nova York-París de 1908 ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- London Daily Mail, varios artigos durante 1907 e 1908.
- "New York to Paris Auto Race Route", no New York Times, varios artigos durante 1907 e 1908.
- The Story of the New York to Paris Race Arquivado 30 de setembro de 2011 en Wayback Machine., 1908, E.R.Thomas Motor Co., Buffalo, NY (reimpreso por Floyd Clymer, Os Ánxeles, 1951 e Intrepid Publishing Co., 1992 ISBN 0-9625793-2-7).