Carolina Regueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carolina Regueiras
Lugar Amoeiro
Falecemento 28 de xuño de 1937
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Carolina Regueiras, nada en Amoeiro e finada o 28 de xuño de 1937, foi unha labrega galega asasinada polos falanxistas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Muller de Juan Antonio Dopazo, un libertario retornado de Uruguai que traballaba de fontaneiro en Ourense. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, Juan Antonio pasouse ao bando leal. Carolina foi violada e asasinada o 28 de xuño de 1937, a súa morte foi rexistrada a causa de dous disparos na testa. O seu cadáver apareceu na estrada de Tamallancos a Amoeiro, en Vilamarín, deliberadamente exposto en día de feira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • A barbarie silenciada. Amoeiro 1936. Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. 2014. p. 93. ISBN 978-84-95773-27-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]