Juan Antonio Dopazo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1900 Amoeiro |
| Morte | 1982 Ourense |
| Actividade | |
| Ocupación | fontaneiro, político |
| Familia | |
| Cónxuxe | Carolina Regueiras Carmen Rodríguez Nóvoa |
Juan Antonio Dopazo López, nado en Amoeiro cara a 1900 e finado en Ourense en 1982, foi un fontaneiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Libertario retornado do Uruguai, traballaba de fontaneiro en Ourense. Ingresou no POUM. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasouse ao territorio controlado polo goberno lexítimo. A súa muller Carolina Regueiras foi violada e asasinada o 28 de xuño de 1937. Foi oficial de prisións do Campamento de Mutxamel (Alacant).[1] Coa derrota da República foi detido e xulgado en consello de guerra en Madrid en abril de 1939, foi condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena nas prisións de Carabanchel, Central de Madrid e Destacamento Penal de Valdemanco, de onde saíu en liberdade condicional o 16 de decembro de 1942.[2] Volveu ser detido en Ourense en outubro de 1948.[3]
Posteriormente casou con Carmen Rodríguez Nóvoa.