Carmen Ruiz Repullo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmen Ruiz Repullo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pablo de Olavide (pt) Traducir
Universidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , socióloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: CarmenRuizRepul Dialnet: 3433221 Editar o valor em Wikidata

Carmen Ruiz Repullo, nada en Córdoba o 25 de xaneiro de 1976, é unha socióloga española especializada en violencia de xénero na adolescencia e na mocidade, que foi galardoada co Premio Meridiana en 2017.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou ciencias políticas e socioloxía na Universidade de Granada. En 2016, conseguiu o seu doutoramento en socioloxía na Universidade Pablo de Olavide en Sevilla, co traballo titulado Los peldaños perversos del amor. El proceso de la violencia de género en la adolescencia.[2] Posteriormente, cursou o Master Erasmus Mundus sobre Estudios de las Mujeres y Género pola Universidade de Granada e a Universidade de Utrecht en Holanda.

Desde os seus inicios, en 2005, colaborou na posta en práctica e avaliación do I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes na Educación, en Andalucía.[3] Nese sentido, Ruíz imparte formación en materia de xénero e prevención da violencia de xénero para profesorado, alumnado, familias e persoal técnico de administracións públicas. Realizou labores de consultoría para distintos organismos públicos como a Universidade Internacional de Andalucía (UNIA), o Instituto Andaluz de la Mujer (IAM) e a Consellería de Educación da Xunta de Andalucía, ou o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de España.

Formou parte do equipo de profesionais que deseñaron o programa Skolae, un proxecto de referencia en España que destaca por tratarse dun itinerario integral (colexio, familias, profesorado e alumnado) que dota de ferramentas para educar en Igualdade.[4]

No seu libro La historia de Pepe y Pepa, Ruíz representa a violencia de xénero nunha escaleira na que os dous protagonistas, adolescentes que acaban de comezar unha relación, van subindo chanzos. En cada chanzo, Pepe controla un pouco máis a Pepa, e os exemplos que utiliza están baseados en feitos reais que foi extraendo das súas charlas e obradoiros.[5]

Ruíz advertiu de que “o porno mainstream converteuse hoxe na formación sexual da adolescencia e mocidade, a falta de educación sexual nas aulas” e alertou de que en 40 anos o porno evolucionou dos espidos femininos a imaxes que deshumanizan, erotizan e normalizan a violencia extrema contra as mulleres e que os mozos toman como modelo a imitar”.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2017, Ruíz foi galardoada co premio Meridiana na modalidade niciativas que promueven la educación, pola súa traxectoria no campo da escola coeducativa e libre de violencia machista.[7]

Obra[editar | editar a fonte]

Entre as súas publicacións atópanse manuais, tales como a guía do xoguete non sexista "Nuevas formas de jugar, campaña del juego y el juguete no sexista, no violento", 2007 da Xunta de Andalucía, e numerosos libros entre os que cabe destacar:[8]

  • "Voces tras los datos. Una mirada cualitativa a la violencia de género en adolescentes", 2016. Instituto Andaluz de la Mujer.[9]
  • "La construcción social de las relaciones amorosas y sexuales en la adolescencia : graduando violencias cotidianas", 2014. Deputación de Xaén. [10]
  • "Abre los ojos: el amor no es ciego", 2009. Instituto Andaluz de la Mujer. Depósito Legal SE-5904-09.[11]
  • Cambios Sociales y Género I y II, 2016.[12]
  • Igualdad de Género (Aprender es crecer en conexión), Anaya 2016.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Curriculum Carmen Ruiz Repullo" (PDF). 
  2. Ruiz Repullo, Carmen. "Los peldaños perversos del amor : el proceso de la violencia de género en la adolescencia". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  3. "Implementación Plan Igualdad: Más materiales y recursos. Carmen Ruíz Repullo". 28 de maio de 2012. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  4. "'No quieren que la igualdad llegue a las aulas'" (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  5. "'La historia de Pepe y Pepa' sirve para detectar la violencia machista entre adolescentes" (en castelán). 28 de novembro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  6. "La coeducación, la necesaria respuesta del Estado a la violencia de género" (en castelán). 4 de novembro de 2019. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  7. "Carmen Ruiz Repullo: "Debemos desvelar las trampas del amor romántico"" (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  8. "Manual nuevas formas de jugar" (PDF). 
  9. Voces tras los datos. Una mirada cualitativa a la violencia de género en adolescentes. Instituto Andaluz de la Mujer. ISBN 978-84-608-5826-3. 
  10. Abre los ojos: el amor no es ciego. Instituto de la Mujer. ISBN 978-84-697-2088-2. 
  11. "abre los ojos el amor no es ciego" (PDF). 
  12. Cambios Sociales y Género I y II,. ISBN 978-84-698-1685-1. 
  13. Igualdad de Género (Aprender es crecer en conexión). Anaya. ISBN 8469828347.