Carme Rodríguez Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1996 (27/28 anos) Ribadeo, España |
Educación | Escuela Universitaria de Artes TAI |
Actividade | |
Ocupación | compositora |
Sitio web | gl.carmerodriguez.com |
Carme Rodríguez Rodríguez, nada en Ribadeo en 1996,[1] é unha compositora, orquestradora, arranxadora e multiinstrumentista galega.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Mª del Carmen Rodríguez Cancelo e José Rodríguez Saavedra, ambos mestres e afeizoados á música e participando por moitas décadas na Coral Polifónica de Ribadeo, da que a nai é directora, recibiu dende pequena a afección á música da familia.
Formada primeiramente en Ribadeo, obtivo con matrícula de honor o grao de Composición de Músicas Contemporáneas na Escola Universitaria de Artes e Espectáculos TAI de Madrid no 2018,[3][1] Dende 2013 compón bandas sonoras para curtametraxes, filmes e outros espectáculos. En 2017 traballou co compositor francés Pascal Gaigne. Escribiu para o concerto do Día das Letras Galegas por encargo da Xunta de Galicia, ou para a Orquestra Sinfónica de Galicia.[1]
É promotora do festival de curtas de Ribadeo e ten participado en diversas charlas e conferencias.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 63 variations on the body, Open Call for Composers (2015)
- Abanico de Vías. Teatro de la Estación (2016)
- X Concurso Galego de Composición para Banda de Música (2017)
- Construíndo Sons (2018)
- II Concurso Internacional de Composición María de Pablos (2019) - 2º premio[4]
- CreaClásica (2019)
- III Concurso Internacional de Composición María de Pablos (2020)[2] pola obra Ánimas, composición para piano e clarinete baseada no cadro Un mundo, de Ángeles Santos (no Museo Reina Sofía).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Sobre min". Carme Rodríguez. Consultado o 2024-11-19.
- ↑ 2,0 2,1 Redacción (2020-09-15). "Carme Rodríguez gana el III Concurso de Composición María de Pablos con la obra 'Ánimas'". Scherzo (en castelán). Consultado o 2024-11-19.
- ↑ 3,0 3,1 Álvarez Lebredo, Carlos (16 de novembro de 2024). "Conferencia da ribadense Carme Rodríguez sobre a composición musical para o cine". La Comarca del Eo (5459): 3.
- ↑ 4,0 4,1 "«Somos moitas mulleres compositoras na música pero non se fala de nós»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-09-15. Consultado o 2024-11-19.