Coral Polifónica de Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Coral Polifónica de Ribadeo foi fundada en 1955. É a decana da provincia de Lugo[1].

Desde o día da súa presentación o 20 de xullo de 1955 no cine-Teatro de Ribadeo, estivo dirixida por Carlos Álvarez Fernández-Cid, ata 1983, un ano antes do seu falecemento[2]. A partir desa data a dirección pasou a mans de María del Carmen Rodríguez Cancelo, mestra e profesora de música, titulada polo Real Conservatorio de Música de Madrid

Descrición[editar | editar a fonte]

A coral conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, relixiosas e populares, tanto españolas como doutros países. Conta cunhas 55 voces mixtas, dende tenores, soprenos, contraltos e baixos.

Realizou actuacións en numerosas vilas e cidades de Galicia e Asturias, e tamén en Astorga, San Sebastián, Barcelona, Sabadell, Jaén, Marbella, Laredo, Los Corrales de Buelna, Madrid, Valladolid, Logroño, León, Boadilla del Monte, Medina del Campo e Portugal.

En decembro de 2002 presentou o seu CD, titulado "Nos mares da música".

En diversas ocasións actuou conxuntamente con agrupacións instrumentais da vila: Banda Municipal, Grupo de Gaitas, Rondalla... Colabora habitualmente coa Coral a pianista Carmen Álvarez Lebredo.

O concello concedeulle a "Medalla de Ouro de Ribadeo"[1], no ano 2006, con motivo do seu 50º aniversario. Ademais, a Asociación de Radio e Televisión de Lugo outorgoulle o premio "Lucense do ano, 2006".

En 2009, o labor de dirección fóille recoñecido a MC. Carmen Rodríguez Candelo pola Fundación Iniciativas[3].


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Currículo". 3/01/2009. Consultado o 24/05/2018. 
  2. "Un ano de Centenario". 23/05/2018. Consultado o 24/05/2018. 
  3. "A Fundación Iniciativas 21 recoñece o traballo da nosa directora". 18/12/2009. Consultado o 24/05/2018. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

http://coralderibadeo.blogspot.com.es/