Carlow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Carlow - Ceatharlach")
Carlow
Ceatharlach
Carlowtownlogo.png
Lema: Obedientia Civium Urbis Felicitas
Liberty Tree Carlow.jpg
A fonte da Árbore da Liberdade no centro de Carlow.
Provincia Leinster
Condado condado de Carlow
Poboación 13.623 hab.
Altitude 57 metros
Páxina web www.carlow.ie
Localización de  Carlow na Irlanda
52° 49' 50" N 06° 55' 54" O
Cidade da República de Irlanda Flag of Ireland.svg

Carlow (en irlandés Ceatharlach) é unha pequena cidade de 20.000 habitantes do Condado de Carlow, en Irlanda. Está situada a 84 km ao suroeste de Dublín, á beira do Río Barrow.

Nome[editar | editar a fonte]

A orixe do nome en irlandés da cidade é ainda motivo de controversia. A pesar de que a meirande parte pensa que significa Catro Lagos, algúns din que se trata da unión das palabras ceatrha (gando bovino) e mulclach (lugar para porcos).

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada en 1180 por Guillerme o Mariscal, Conde de Pembroke e Rei de Leinster coa finalidade de fortificar un camiño frecuentado á beira do Río Barrow. Guillerme o Mariscal fixo construír o impoñente Carlow Castle.

O mosteiro de St. Mullins estaba situado na mesma rexión dende o século VII.

En 1650, durante a Conquista da Irlanda, tida en Carlow foi cercada polas forzas dos parlamentares ingleses, a fin de axilizaren o Cerco de Waterford e a capitulación da cidade.

Durante a Rebelión Irlandesa de 1798 Carlow viviu unha masacre de 600 rebeldes e civís nun ataque á cidade vencido polos irlandeses Unidos, coñecida como Batalla de Carlow. A Liberty Tree escultura en Carlow, deseñada por John Behan, conmemora os acontecementos de 1798. Os rebeldes mortos da cidade de Carlow están enterrados no Croppies Grave, en Graiguecullen, Condado de Carlow.

No século XIV construíronse máis castelos na cidade, coma: Ballyloughan Castle, Ballymoon Castle, Leighlinbridge Castle e Tower House. O Colexio de St. Patrick foi creado en 1793.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

A cidade é recordada na famosa canción popular irlandesa, Follow me up to Carlow, escrita no século XIX sobre a Batalla de Glenmalure, parte do Desmond Rebellions ao final do século XVI.

Lugares de interesse[editar | editar a fonte]

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Carlow RFC