Saltar ao contido

Carlos de Matos Gomes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos de Matos Gomes
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1946 Editar o valor en Wikidata
Vila Nova da Barquinha Editar o valor en Wikidata
Morte13 de abril de 2025 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Lisboa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria, Escrita creativa e profesional e xornalismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmilitar, xornalista, escritor, oficial Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioCarlos Vale Ferraz Editar o valor en Wikidata

Carlos Manuel Serpa de Matos Gomes, tamén coñecido polo pseudónimo de Carlos Vale Ferraz, nado en Vila Nova da Barquinha (distrito de Santarém) o 24 de xullo de 1946 e finado en Lisboa o 13 de abril de 2025,[1] foi un escritor portugués.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Coronel do Exército xubilado, estudou no Colégio Nuno Álvares de Tomar e fixo a carreira de Cabalaría da Academia Militar. Durante a Guerra Colonial cumpriu tres misións en Angola, Mozambique e Guinea, nas tropas especiais “Comandos”. Ficou ferido en combate e foi condecorado coas Medallas de Cruz de Guerra de 1.ª e 2.ª Classe.[3] Tamén foi investigador de Historia Contemporánea de Portugal.

Adoptou o pseudónimo de Carlos Vale Ferraz para demarcar o militar de carreira que toda a vida foi, do escritor que pasou a ser desde que, en 1982, se estreou con Nó Cego.[4]

En coautoria con Aniceto Afonso, publicou, entre outros, Guerra Colonial, con datos relevantes e reflexións indagadas sobre este período fulcral da Historia contemporánea portuguesa.[5]

Novelas, como Carlos Vale Ferraz

[editar | editar a fonte]
  • Nó Cego (1982). En 2000 Editorial Notícias. Casa das Letras en 2008, Porto Editora en 2018. Obra de referencia obrigatoria na narrativa portuguesa sobre a guerra colonial.[6]
  • Os Lobos Não Usam Coleira (1995). Editorial Notícias. Libro que deu orixe ao filme Os Imortais de Pedro António Vasconcelos (2003).[7]
  • Soldadó (1996). Editorial Notícias. A historia dun soldado profundamente rural, o "Soldadó" que vai participar na guerra colonial portuguesa.
  • Flamingos Dourados (2004). Editorial Notícias.
  • Fala-me de África (2007). Casa das Letras. A serie de 43 episodios Sizalinda (RTP) baseouse nesta novela.[8]
  • Basta-me Viver (2010). Casa das Letras. Historia de amor de dúas nais polos seus fillos.
  • A Mulher do Legionário (2013). Casa das Letras.
  • A Estrada dos Silêncios (2015). Casa das Letras.
  • A Última Viúva de África (2017). Porto Editora. Narra a historia de Alice Oliveira. Prémio Literário Fernando Namora/2018
  • Que fazer contigo, pá? (2019). Porto Editora. A historia de Rúben, heroe do 25 de Abril, derrotado do 25 de Novembro.[9]

Como Carlos de Matos Gomes

[editar | editar a fonte]
  • Moçambique 1970 (2002). Tribuna da História

Co-autorías con Aniceto Afonso

[editar | editar a fonte]
  • Guerra Colonial (2000). Editorial Notícias.
  • Guerra Colonial - Um Repóter em Angola (2001). Editorial Notícias.
  • Portugal e a Grande Guerra 1914-1918 (2013). Verso da História.
  • Os Anos da Guerra Colonial 1961-1975 (2010). Quidnovi II.
  • Alcora. O Acordo Secreto do Colonialismo. Portugal, África do Sul e Rodésia na última fase da guerra colonial (2013). Divina Comédia.
  • Portugal e a Grande Guerra 1914 - 1915. Uma História Diferente (2014). Verso da História.
  • Portugal e a Grande Guerra 1914 - 1915. As Trincheiras (2014). Verso da História.
  • Portugal e a Grande Guerra 1917 - 1918. Uma Guerra Mundial (2014). Verso da História.
  • Portugal e a Grande Guerra 1919-. O Pós-Guerra (2014). Verso da História.
  • Portugal e a Grande Guerra 1918 - 1919. O fim da Guerra (2014). Verso da História.
  • Portugal e a Grande Guerra 1914- O Início daGuerra (2014). Verso da História.
  • A Conquista das Almas. Cartazes e panfletos da acção psicológica na guerra colonial (2016). Verso da História.
  1. Sofia Neves (13 de abril de 2025). "Morreu Matos Gomes, “um dos primeiros” capitães de Abril, aos 78 anos". Público (en portugués).
  2. "Carlos Vale Ferraz". Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-29.
  3. "Mover-A-Montanha". www.moveramontanha.pt. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-29.
  4. "O escritor é um ciclista". www.cmjornal.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-29.
  5. "Carlos Vale Ferraz. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-29.
  6. "“Esta é uma guerra que, entre nós, nunca existiu”". Esquerda (en portugués). Consultado o 2020-06-29.
  7. "Os Imortais (2003)" (en castelán). Consultado o 2020-06-29.
  8. Portugal, Rádio e Televisão de. "Regresso a Sizalinda - Séries Nacionais - RTP". www.rtp.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-29.
  9. "Carlos Vale Ferraz volta ao 25 de Abril em novo romance ″Que fazer contigo pá?″ - DN". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-29.