Carlos Vila Sexto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de setembro de 1977 (47 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, guionista |
Carlos Vila Sexto, nado na Coruña o 13 de setembro de 1977, é un escritor e guionista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a escribir de rapaz, con catorce anos gañou o V Premio de Narracións Infantís Rúa Nova co relato de aventuras "Alén da aventura" (1992), con ilustracións orixinais de seu pai, o pintor e médico Roberto Vila Rodríguez. Repetiu premio ó ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). Dous anos máis tarde apareceu Cara á fin da luz (1995), unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, "O baúl", foi incluído na Antoloxía do conto de medo galego, unha selección de relatos de terror recompilados por Silvia Gaspar para a Editorial Galaxia.
Carlos Vila tamén foi creador e guionista das series de televisión Un lugar en el mundo, Motivos personales, Círculo Rojo e Los misterios de Laura, posteriormente adaptada nos Estados Unidos como The Mysteries of Laura, protagonizada por Debra Messing.
En marzo de 2009 publicou, dentro da colección Costa Oeste da Editorial Galaxia, o seu cuarto libro, As Sete Mortes, unha aventura con tinturas de misterio ambientada en Galicia. Esta obra recibiu o premio Frei Martín Sarmiento en 2011, na categoría de 3º e 4º da ESO, como mellor libro do ano para os escolares galegos. En setembro de 2014 foi traducida ao catalán e publicada por Fanbooks.
Foi profesor no Mestrado de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]- Alén da aventura (1992). Colección Árbore da Editorial Galaxia.
- Gárgola (1993). Colección Costa Oeste de Galaxia.
- Cara á fin da luz, Colección Fóra de Xogo de Edicións Xerais de Galicia (1995).
- As sete mortes (2009). Colección Costa Oeste de Galaxia.
- O enigma de Caronte (2016). Colección Costa Oeste de Galaxia.
- Somnámbulos (2021). Rodeira. Ilustracións de José Luís Ocaña. 188 páxs. ISBN 978-84-8349-662-6.
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- O baúl, relato incluído na Antoloxía do conto de medo galego, de Galaxia (1996).
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]- Laura y el misterio de la isla de las gaviotas, como coautor, de Plaza & Janés (2014).
Traballos para TV
[editar | editar a fonte]- Creador e guionista de Un lugar en el mundo (Antena 3)
- Creador e guionista de Motivos personales (Telecinco)
- Guionista do capítulo "Las lágrimas de Raimmis", de Génesis, en la mente del asesino (Cuatro)
- Creador e guionista das tramas de Círculo Rojo (Antena 3)
- Creador e guionista da segunda temporada de Acusados (Telecinco)
- Creador e guionista de Los misterios de Laura (TVE)
- Creador de The Mysteries of Laura (Warner e NBC)
- Dialoguista de El Incidente (Antena 3)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]