Carlos Oliva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Oliva
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Figueres, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Carlos Oliva Castelló, nado en Figueres (Xirona) en 1946, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais eran pequenos comerciantes locais (ferraxería). Sendo rapaz (1957) trasladouse a Alemaña, onde coñeceu a diversas persoas da emigración galega, coas que fixo relación. En 1966 estableceuse na Coruña e comezou a traballar na empresa eléctrica Fenosa, onde desenvolveu toda a súa vida profesional ata que se xubilou. En Fenosa foi representante sindical e estivo afiliado á UXT.

En maio de 2015 encabezou a candidatura desta formación ás eleccións municipais pola cidade coruñesa, se ben non conseguiu acta de concelleiro con menos do 1% dos votos. Uns meses máis tarde volveu encabezar a candidatura de UPyD, desta vez ás eleccións xerais, pola provincia da Coruña.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten unha filla. É socio do Náutico de Sada.