Carlos Justo Velo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Carlos Justo Velo | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Justo Velo, nado en Ribadavia cara a 1911 e finado na Cañiza o 6 de setembro de 1936, foi un practicante e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sobriño do médico José Velo Castro e curmán de Carlos Velo. Fixo os estudos de practicante en Santiago de Compostela, rematando en 1933.[1] Foi practicante de Castrelo de Miño. Demandou ao Concello de Castrelo de Miño con Emilio Bande en 1934 por práctica de procedemento de apremio.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado no Alto do Mesón de Oroso (A Cañiza).