Carlos González Sháněl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos González Sháněl
Carlos González Sháněl.JPG
Nacemento11 de xuño de 1973
 Buenos Aires
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Carlos González Sháněl, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 11 de xuño de 1973, é un periodista chileno de orixe checa[1], correspondente da cadea de televisión mexicana Televisa na República Checa[2][3]. É ademais fundador da consultora de comunicacións estratéxicas Mentora s.r.o., con sede en Praga. No campo da docencia é profesor da cátedra de Ciencias Políticas da Universidade de Hradec Králové, en materias relacionadas con América Latina.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia checo-chilena. É comunicador audiovisual da Universidade UNIACC en Santiago de Chile, con grao e maxistratura en Comunicación e Mercadotecnia desa mesma institución. Tamén é diplomado en Economía Social de Mercado pola Universidade Miguel de Cervantes, grazas a unha bolsa da Fundación Konrad Adenauer.

Pouco tempo despois de termina-los seus estudos en 1997, radicouse en Europa, primeiro en Bruxelas e logo trasladouse a Praga.[5]. Desde entón, cun intervalo de tres anos na cidade de Cracovia (Polonia) viviu e traballou en Praga, onde exerceu como correspondente, reporteiro e analista internacional.[6][7][8].

Foi correspondente do servizo exterior da radio holandesa (Radio Nederland Wereldomroep) para a cobertura de actualidade na República Checa, en Eslovaquia e en Polonia, e foi redactor e presentador do servizo exterior da radiodifusión checa (Radio Praga)[9][10]. Os seus comentarios apareceron en medios radiofónicos e televisivos (BBC, Česká televize[11]) así como en diarios centroeuropeos[12][13] e latinoamericanos[14].

González participou tamén na televisión. En 1998 traballou brevemente como asistente do correspondente da televisión mexicana Televisa en Bruxelas, José Luis Arévalo, para a elaboración de noticiarios. En 2003 codirixiu o documental La Primavera de Cuba[15] (28 min.), exhibido en festivais e televisións de máis de 20 países de Europa e América Latina, e nos Estados Unidos. En 2013 volveu a incorporarse a Televisa, esta vez como correspondente na República Checa. Tamén conduce o programa Cestoskop da canle rexional Regionální Televize.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Xunto ó analista e académico chileno Luis A. Doñas escribiu en 2010 o libro Juegos de Guerra en el Pacífico: sobre un improbable conflicto armado entre Chile e Perú,[16] cuxo prólogo foi escrito polo ex-ministro do Interior e anterior senador checo, Jan Ruml.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carlos González Sháněl Arquivado 15 de xuño de 2014 en Wayback Machine. forum2000.cz
  2. Televisa Investigaciones agresión a marinos mexicanos
  3. Reportaje en programa Primero Noticias de Televisa
  4. "Cuerpo docente de la UHK". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 03 de marzo de 2014. 
  5. "Entrevista a González en Bruselas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 03 de marzo de 2014. 
  6. Análisis sobre la sociedad civil en Cuba Arquivado 28 de marzo de 2014 en Wayback Machine. forum2000.cz
  7. Análisis sobre el proceso electoral venezolano Arquivado 04 de marzo de 2014 en Wayback Machine. forum2000.cz
  8. "Estudio sobre Economía Social de Mercado publicado por FLACSO" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2014. 
  9. Recuerdos de la Radio
  10. Especial de Noche Vieja en Radio Praga
  11. Entrevista para la televisora CT 24
  12. Ministerio de Relaciones Exteriores de la República Checa cita análisis de Carlos González en la prensa checa
  13. Hospodarske noviny "Chávez: Un narciso poseído por el poder"
  14. El Nacional de Venezuela Carlos González entrevista a Lech Walesa
  15. La Primavera de Cuba, un documental sobre la violación de los derechos humanos
  16. "Juegos de guerra en el Pacífico, reseña de Asociación de Iberoamericanos por la Libertad". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013. Consultado o 03 de marzo de 2014. 
  17. Los juegos de guerra de Chile y Perú, analizados en Praga - Český rozhlas