Carlos Fontes
Aparencia
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1968 (55 anos) Vilaboa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Lingua | Lingua castelá |
Xoán Carlos Fontes Moledo, nado en Vilaboa o 23 de outubro de 1968, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballa como xornalista ademais de colaborar na organización de actos culturais para diferentes entidades.[1] Colaborou con textos nos discos dos grupos de música tradicional Tanxedoras (Tanxedoras, 2008 e Á sombra da oliveira, 2013) e Os Carunchos (Cantares, 2016). Fixo circular algúns dos seus poemas en pequenas edicións de cordel.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Quero colo, 2008, Espiral Maior.
- Contradanza, 2009, A Regueifa Plataforma.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Poemas con piruleta, 2009, Galaxia. Ilustracións de Leandro Lamas.
- Versos en flor, 2012, Galaxia. Ilustracións de Leandro Lamas.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- O trazo aberto, 2002, Deputación de Pontevedra.
- Pontevedra Literaria, 2007, Concello de Pontevedra.
- Os poetas de Vigo cantan á poesía, 2008, Rodeira.
- Terragrafías, 2009, compilación de fotografías e textos con Anxo Cabada.
- Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
Premios
[editar | editar a fonte]- Primeiro premio na XVI edición do Concurso de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro da asociación cultural homónima de Cornellà, no 2002.
- Accésit no XVII Certame “Francisco Añón” polo libro de poemas Mar de fóra (Concello de Outes, 2014).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carlos Fontes". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-14.