Carlos Ernesto Fontana
Fontana | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Carlos Ernesto Fontana Bendahan | ||
Nacemento | 21 de outubro de 1958 (64 anos) | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1978 | Belgrano | ||
1978–1979 | Independiente | ||
1982–1983 | Xerez | 28 | (9) |
1983–1987 | Castellón | 126 | (28) |
1987–1989 | Deportivo da Coruña | 63 | (3) |
1990–1992 | Melilla | ||
1992–1993 | Portuense | ||
1993–1994 | Almería | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Carlos Ernesto Fontana Bendahan, nado o 21 de outubro de 1958 en Merlo, é un exfutbolista arxentino. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iniciouse na Arxentina en 1978 xogando no Belgrano de Córdoba, para xogar na tempada 1978–79 no Independiente de Avellaneda.
Na tempada 1982–83 debuto na Segunda División de España como xogador do Xerez CD, club que descendeu á Segunda División B ao remate da campaña. No Xerez xogou 28 partidos e anotou 9 goles.
Na tempada 1983–84 fichou polo CD Castellón en Segunda División, club no que estivo 4 campañas. Foi unha peza clave no centro do campo do conxunto valenciano, firmando un total 126 partidos xogados e 28 goles anotados.
Na tempada 1987–88 firmou co Deportivo da Coruña, onde estivo dúas campañas. O seu debut coa camisola branquiazul produciuse o 30 de agosto de 1987, na primeira xornada do campionato, cunha vitoria sobre o Barcelona Atlètic en Riazor (1–0).
Máis tarde xogou no UD Melilla (1990–1992), Racing Club Portuense (1992–93) e UD Almería (1993–94), todos clubs de Segunda División B.