Carlos Crego Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Crego Rodríguez
Nacemento29 de outubro de 1961
 Vigo
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Carlos Crego Rodríguez, nado en Vigo o 29 de outubro de 1961, é un pintor e gravador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De formación autodidacta, aínda que gozou dunha bolsa de estudos da Deputación de Pontevedra no ano 1983 e doutra da Xunta de Galiza en 1985, comezou a expoñer moi novo, cando aínda non contaba con vinte anos, e alternou mostras individuais coas colectivas en toda Galiza, Barcelona e Atenas. Individualmente realizou diversas exposicións na sala Alma de Vigo, na galería Sargadelos en Santiago de Compostela, na galería Matisse de Barcelona e na galería Avmaros en Atenas. Igualmente participou en numerosas mostras colectivas a nivel europeo (Francia, Bélxica, Eslovenia, Alemaña, Xapón, Portugal...) e tamén nas españolas que se realizaron en Valencia, Málaga e Cataluña. Despois de viaxar por varios países europeos instalouse en Barcelona. Actualmente reside en Tortosa (Tarragona)

Estilo[editar | editar a fonte]

A súa pintura encádrase nas liñas do expresionismo sinóptico, seguindo as últimas tendencias do cubismo, aínda que algúns críticos de arte lle atribúen tamén un certo carácter cotián que se pode albiscar nalgúns matices da abstracción lírica.

Adoita empregar pinceladas grosas para debuxar figuras humanas coas que traza asemade corpo e silueta, mantendo así un diálogo entre a figura e a sombra, a que reivindica como algo tan físico e real coma a propia figura. Os seus cadros posúen unha sobriedade cromática proporcionada polos tons ocres, terras, grises e negros que emprega. Todo isto dotado dun excelente debuxo e dun sentido da composición e ritmo moi acusado.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

De tódalas súas obras, recollidas en coleccións públicas e privadas de España, Alemaña, Grecia e Eslovenia, destacan Mediterráneoatlántico (1986) e Los bárbaros (1989). Conta coa primeira distinción da VII Bienal de Pontevedra (1983) e coa medalla Laxeiro (1985).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]