Carlos Caba Landa
Carlos Caba Landa | |
---|---|
Nacemento | 1899 |
Lugar de nacemento | Zaragoza |
Falecemento | 1976 |
Lugar de falecemento | Donostia |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e policía |
Irmáns | Pedro Caba Landa |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Caba Landa, nado en Zaragoza[1] o 2 de decembro de 1900 e finado en Donostia[2] o 23 de outubro de 1992, foi un policía e escritor estremeño.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pasou a súa infancia en Arroyo de la Luz (provincia de Cáceres) e estudou en Madrid. Como inspector de policía estivo destinado en Pontevedra e Donostia[3].
En 1933 publicou xunto co seu irmán o volume Andalucía: su comunismo libertario y su cante jondo, sobre o flamenco. Durante a súa estancia en Galicia colaborou en periódicos galegos como El Pueblo Gallego, Vida Gallega ou La Noche. Amais publicou tres novelas sobre o contrabando e a espionaxe en Galicia: ¡Wolfram, Wolfram! La diplomacia de la bocamina (1947), Caucho a la deriva (1950) e Crimen en la frontera (1957)[2]. Deixou varios orixinais inéditos[4].
Foi membro correspondente da Real Academia Galega[5]
Obra[editar | editar a fonte]
- Andalucía: su comunismo libertario y su cante jondo (Madrid, 1933; xunto con Pedro Caba Landa)
- ¡Wolfram, Wolfram! La diplomacia de la bocamina (1947)
- Caucho a la deriva (1950)
- Roger de Flor
- Crimen en la frontera (Premio El Buscón)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sergio Lorenzo (12 de outubro de 2008). "El resurgir de los hermanos Caba". Hoy (en castelán)..
- ↑ 2,0 2,1 Antonio Vidal (5 de decembro de 2018). "La tierra de Deza en la novela" (en castelán).
- ↑ Boletín Oficial del Estado, 13 de xaneiro de 1960 (en castelán).
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "CABA LANDA, Carlos". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 184.
- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.