Carlos Sante Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema |
Carlos Sante Varela, nado no ano 1971 na Coruña, é un actor, director e actor de dobraxe galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira profesional como actor no ano 2000 na Escola Dramática Galega. Actuou con compañías como Matarile ou o CDG compaxinandoo con traballos de locucións, dobraxes e participacións audovisuais. Desenvolveu espectáculos cómicos coma Concerto Bífido, gañador do Festiclown no 2000, ou Muñekitous-A Nasional Yeografic Riport, 2º premio Radiocity Valencia no 2003
Recibiu unha completa formación, destacando o posgraduado en Interpretación pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998 e o seu diploma na Ècole Philippe Gaulier de Londres.
É o presidente da A.C. Manicómicos e director do seu festival, tamén é socio fundador da Federación de Asociación de Novo Circo de Galicia e co-director da escola de teatro San&saN da Coruña.
Traballos
[editar | editar a fonte]- 1992: Luar
- 1995: Pratos combinados.
- 1995: Vídeo doméstico
- 2000: Hospital central.
- 2001: Terra de Miranda
- 2003: As leis de Celavella
- 2003: Romasanta. A caza da besta
- 2004: Diario dun skin
- 2004: Somne
- 2004: Camiño de Santiago: A Orixe
- 2005: Máis ca irmáns
- 2005: Heroína
- 2006: A torre sábeo
- 2006: Entorrados
- 2006: A vida por diante
- 2006: De bares
- 2006: O partido
- 2006: El nunca o faría
- 2007: Pradolongo
- 2009: Campás
- 2009: Agallas
- 2009: Matalobos
- 2010: Vacas, porcos e zapatos de tacón
- 2011: Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego
- 2013: Clementina
- 2017: Fariña
- 2019: Gala dos Premios María Casares (dirección)