Carl Lampert
(1918) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1894 Göfis, Austria (pt) |
Morte | 13 de novembro de 1944 (50 anos) Halle (Saale), Alemaña |
Causa da morte | pena de morte, decapitación |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, membro da resistencia, sacerdote |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 13 de novembro |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Carl Lampert, nado en Göfis (Austria) o 9 de xaneiro de 1894 e executado en Halle (Saxonia-Anhalt, Alemaña) o 13 de novembro de 1944, foi un sacerdote católico oposto ao nazismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ordenado sacerdote en 1918, foi un experto en Dereito canónico ata o punto de que se trasladou a Roma, onde traballou como avogado do Tribunal da Rota. En 1935 volveu a Austria, onde amosou a súa distancia con Anschluss. En 1939 foi nomeado provigario da Administración Apostólica de Insbruck Feldkirch.
A súa visión crítica contra o totalitarismo, o racismo e o belicismo nazis eran coñecidas, polo que foi arrestado en varias ocasións e enviado en 1940 ao campo de concentración de Dachau en Baviera por presunta actividade contra o Reich. Sufriu malos tratos e torturas. Estivo tamén no campo de concentración de Stettin.
En 1941 foi desterrado. As súas chamadas telefónicas e a súa correspondencia foron sistematicamente interceptadas. Ao non dar mostras de retractarse, foi imputado por hostilidade contra Alemaña, difusión de informacións inconvenientes e escoita de transmisións inimigas. Con estas acusacións foi arrestado de novo o 4 de febreiro de 1943. Tras tres prolongados procesos, foi finalmente condenado. O 13 de novembro de 1944 morreu decapitado xunto con outros dous sacerdotes: Herbert Simoleit e Fiedrich Lorenz.
Foi beatificado por Bieito XVI.