Caracará carunculado
Aparencia
Caracará carunculado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar voando en Ecuador. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Phalcoboenus carunculatus Des Murs, 1853 |
O caracará carunculado[2] (Phalcoboenus carunculatus) é unha especie de paxaro de rapina da familia Falconidae. Habita nos páramo dos Andes de Ecuador e Colombia. Distribúese polo sur de Colombia, dende o volcán de Puracé e en boa parte da rexión andina de Ecuador. Non se coñecen subespecies.[3]
Características
[editar | editar a fonte]A lonxitude é de 51 a 56 cm. O aspecto dos adultos é semellante ó do caracará andino (Phalcoboenus megalopterus). Diferénciase en que o carunculado ten o peito e ventre brancos con conchas ben definidas cor gris escura ou negras. A plumaxe dos exemplares novos desta especie é de cor castaña, o peteiro é escuro e as patas son cor óso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Phalcoboenus carunculatus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Definición de caracará no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology