Saltar ao contido

Capela de Santo Antón de Vilariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capela de Santo Antón de Vilariño
Fachada
PaísEspaña
LocalizaciónA Modia (Vilariño, Cambados)
Coordenadas42°31′00″N 8°48′00″O / 42.51666667, -8.8
editar datos en Wikidata ]
Casa reitoral.
Casa reitoral.

A capela de Santo Antón de Vilariño, tamén chamado de Santo Antón Polín ou Ponín, é un pequeno templo católico da parroquia de Vilariño (Cambados), localizado no lugar da Modia. Ao seu carón atópase a casa reitoral, hoxe en día abandonada. Hai séculos albergaba un hospital para necesitados, xestionado por franciscanos da Terceira Orde[Cómpre referencia].

Cada 17 de xaneiro celébrase no seu campo da festa unha concorrida romaría na que se fai unha poxa de pezuños de porco e, ultimamente, galos e coellos doados polos veciños [1], en lembranza das tentacións que sufriu Santo Antón no deserto no que viviu retirado.