Saltar ao contido

Cantiga de romaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As ermidas servían como lugar de encontro dos namorados.

A cantiga de romaría ou cantiga de santuario[1] é unha modalidade da cantiga de amigo caracterizada pola forma de se dar o encontro entre os dous amantes, nunha ermida ou igrexa identificada de modo preciso polo seu topónimo, localizado en Galicia ou nalgún caso moi específico no norte de Portugal[2], correntemente conformaban pequenas series dun só autor [3]. A pesar dun dos nomes que recibe non sempre transcorre durante unha romaría.

Elementos

[editar | editar a fonte]

Diferentes elementos conforman as cantigas de romaría[4], non necesariamente presentes todos nunha mesma cantiga: o anuncio da intención de ir en romaría, presenza das actividades normais dunha romaría (oración, baile), cita concertada entre os amantes que é a verdadeira motivación da chegada ao santuario, existencia de obstáculos para o encontro e a ledicia ou tristura final.

  1. Filgueira Valverde, X. (1958): Poesía de santuarios. Compostelanum, 3, pp. 639-654.
  2. Rodrigues Lapa, M.: Lições de Literatura Portuguesa: época medieval. Lisboa, páxina 116
  3. Monteagudo Romero, H. et al. (1998): Tres poetas medievais da Ría de Vigo. Galaxia, pp. 82-84.
  4. Brea López, M. (1998): Mariñas e romarías na Ría de Vigo. Revista Galega do Ensino 19, páx. 29.