Cancro de endometrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cancro endometrial»)
Cancro de endometrio
Clasificación e recursos externos
OMIM608089
DiseasesDB4252
MedlinePlus000910
eMedicineradio/253
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O cancro de endometrio inclúe un conxunto de variantes malignas que proveñen do endometrio ou revestimento do útero. O cancro endometrial é moi frecuente en países desenvolvidos; o tipo máis común é o adenocarcinoma endometriode, que ocorre polo xeral poucas décadas despois do inicio da menopausa e está asociado a unha excesiva exposición ó estróxeno. Con frecuencia o cancro de endometrio desenvólvese na forma dunha hiperplasia endometrial, presentándose principalmente con metrorraxia. O carcinoma de endometrio é unha causa común de morte debido a un cancro xinecolóxico, xeralmente por detrás do cancro de ovario e o cancro cervical. A abordaxe terapéutica máis frecuente é a eliminación cirúrxica do útero —histerectomía abdominal total— e os seus anexos —salpingooforectomía bilateral—, que inclúe ovarios e as trompas de Falopio.

Debido a que se pode desenvolver cancro noutras porcións do útero ademais do endometrio, o termo «cancro de útero» non é axeitado para referirse exclusivamente ó cancro de endometrio.

Epidemioloxía[editar | editar a fonte]

O cancro de endometrio ocorre tanto en mulleres premenopáusicas (25 %), como en mulleres posmenopáusicas (75 %). A idade afectada máis comunmente está entre os 50 e os 59 anos, e é raro ver casos en mulleres menores de 40 anos.[1] A maioría dos tumores (75 %) detéctanse en estadios temperáns (I-II), polo que o prognóstico e a morbilidade están en declive.[2]

A incidencia de cancro endometrial en mulleres está entre 15-25/100 000. A incidencia ten un pico entre as idades de 60 e 70 anos, pero entre o 2 % e 5 % dos casos poden ocorrer antes dos 40 anos de idade. Un risco maior da aparición de cancro de endometrio foi notado en mulleres con niveis elevados de estróxeno natural.[3]

Unha hiperplasia atípica e complexa leva un risco próximo ó 30% de contraer cancro de endometrio, mentres que unha hiperplasia simple e non complexa ten un risco tan só do 2-3 %. A pesar de que o fumar cigarros aumenta o risco de morte temperá, as mulleres que fuman un paquete de cigarros ó día teñen un menor risco de contraer cancro de útero.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Colegio Estadounidense de Obstetras y Ginecólogos (novembro de 2006). Cáncer de útero. (en castelán). ISSN 1074-8601. Consultado o 5 de febreiro de 2008.
  2. Nicolaije, Kim A.H.; et al. (maio de 2013). "Follow-up practice in endometrial cancer and the association with patient and hospital characteristics: A study from the population-based PROFILES registry". Gynecologic Oncology (en inglés) 129 (2): 324–331. PMID 23435365. doi:10.1016/j.ygyno.2013.02.018. 
  3. por MedlinePlus. "Cáncer de útero". 
  4. Centro de Prevención de Cáncer de Harvard. «Información básica del cáncer uterino.» Consultado o 5 de febreiro de 2008.