Can Serra, L'Hospitalet de Llobregat
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | L'Hospitalet de Llobregat | |||
Poboación | ||||
Poboación | 10.549 (2010) | |||
Can Serra é un barrio da cidade de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, que forma parte do Distrito V xunto co limítrofe barrio de Pubilla Cases.
Xeografía e características
[editar | editar a fonte]Limita ao norte co concello de Esplugues de Llobregat e o barrio de Pubilla Cases, ao oeste co barrio de Sanfeliu, ao sur co barrio do Centre e ao leste co barrio de La Florida. É unha das zonas da cidade de maior altitude sobre o nivel do mar.
A vida cidadá aglutínase arredor da Plaça de la Carpa, do mercado e da Casa de la Reconciliació, parroquia do barrio onde se desenvolven unha gran parte das actividades das entidades do barrio. Tamén hai espazos verdes como os xardíns de Antonio Machado, o parque metropolitano de Les Planes ou o parque de Can Boixeres.
Transporte público
[editar | editar a fonte]Está comunicado co resto da cidade grazas á rede de autobuses. Ademais hai unha estación da liña 1 do metro de Barcelona chamada Can Serra, e a estación de L'Hospitalet de Llobregat de Adif.