Camill Heller
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de setembro de 1823 Teplice |
| Morte | 25 de febreiro de 1917 Innsbruck |
| Educación | Universidade de Viena |
| Actividade | |
| Ocupación | zoólogo, carcinólogo, profesor universitario, anatomista |
| Empregador | Universidade de Innsbruck |
| Obra | |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Heller |
| Descrito pola fonte | Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich, (vol:8, p.272) |
Camill Heller, nado en Teplitz (Bohemia) o 26 de setembro de 1823 finado en Innsbruck (Austria) o 25 de febreiro de 1917, foi un zoólogo e anatomista austríaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Heller naceu na cidade termal de Teplitz (hoxe Teplice), daquela pertencente (Imperio Austríaco. Estudou en Viena, alcanzando en 1854 o título de doutor en medicina. Desde 1858 a 1863 foi profesor de zooloxía e anatomia comparada na universidade de Cracovia (Polonia), e desde 1863 até a súa xubilación ensinou na universidade de Innsbruck, en Austria.
Heller especializouse primeiramente en crustáceos, pero tamén traballou en briozoos, equinodermos, picnogónidos e tunicados.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abeviatura Heller emprégase para indicar a este zoólogo como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
| A Galipedia ten un portal sobre: República Checa |
