Camera Café
Camera Café | |
---|---|
Tipo | serie de televisión ![]() |
Xénero artístico | comedia de sketches ![]() |
Lingua orixinal | lingua castelá ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Director/a | Luis Ignacio García Guridi ![]() |
Temática | |
Parte de | Camera Café ![]() |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Compañía produtora | Dlo/Magnolia (en) ![]() ![]() |
Emisora orixinal | Telecinco ![]() |
Datas | |
Comezo | 18 de setembro de 2005 ![]() |
Remate | 1 de setembro de 2009 ![]() |
Dimensións | |
Episodios | 530 ![]() |
Tempadas | 5 ![]() |
Ligazóns | |
Páxina WEB | web.archive.org… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Camera Café é un formato de programa de televisión de humor emitido co mesmo título en países como Italia, Portugal, Polonia, Chile, Colombia, Francia (o seu país de orixe) e España.
En España, emitiuse en Telecinco desde o 18 de setembro de 2005 ata o 1 de setembro de 2009, tras catro tempadas en emisión e 530 capítulos emitidos.
Trátase de episodios de curta duración (de 4 a 6 minutos) compostos por un prólogo, varios sketchs e un epílogo.
O domingo, 13 de setembro de 2009 deu lugar ao seu "spin-in", Fibrilando, que narra as peripecias dun equipo médico idéntico ao persoal de Camera Café que traballa nunha clínica situada nunha planta inferior do mesmo edificio.
España
[editar | editar a fonte]
En España agrúpanse varios episodios formando un bloque. Neles ven, a modo de cámara oculta na propia máquina distintas situacións de empregados que acoden a librarse do traballo. Cada personaxe dos 17 que compón o elenco de actores cumpre un rol distinto: a secretaria atractiva, os traballadores «ninguén de ningures», o «cerebro» de contabilidade, e por suposto, o xefe autoritario que tamén agacha a cabeza se é a directora de mercadotecnia a que grita.
O director do programa é Luís Guridi. A súa pretensión respecto de Cámera Café era ofrecer unha visión humorística, máis ou menos realista, da contorna laboral. Todos os estilos de humor, desde o surrealismo á escatoloxía simple, danse a man nesta micro-serie de corte costumista.
Elenco de actores
[editar | editar a fonte]- Luis Varela, como Gregorio Antúnez, director xerente.
- Ana Milán, como Victoria de la Vega, directora de mercadotecnia.
- Carolina Cerezuela, como Mónica Salazar, subdirectora de mercadotecnia
- Esperanza Pedreño, como Mari Carmen Cañizares, secretaria de Victoria.
- Carlos Chamarro, como Julián Palacios, xefe de compras e representante sindical.
- Arturo Valls, como Jesús Quesada, xefe de vendas.
- César Sarachu, como Bernardo Marín, contable.
- Esperanza Elipe, como Marimar Montes, secretaria de Antúnez.
- Marta Belenguer, como Nacha Ruiz, administrativa.
- Álex O'Dogherty, como Arturo Cañas, chofer do presidente.
- Silvia Wheeler, como Frida Lüdendorff, responsable da sucursal de Frankfurt.
- Ana Ruiz, como Sofía Guillén, telefonista.
- Mercedes Luzuriaga, como Asunción Sempere, bolseira.
- Daniel Albaladejo, como Benito Avendaño, garda nocturno.
- Joaquín Reyes, como Richar Mesa, informático.
- Javier Manrique, como Lorenzo Pérez, ordenanza.
- Nacho Rubio, como Juan Luis Lazcano, psicólogo.
- Juana Cordero, como Choches, limpadora.
- Manuel Tallafé, como Paco El Brasas, propietario do bar de abaixo.
- Antón Valén, como Tono, xefe de mantemento.
Audiencias
[editar | editar a fonte]Tempada | Espectadores | Share |
---|---|---|
Primeira | 3 574 000 | 22,2% |
Segunda | 3 859 000 | 22,8% |
Terceira | 3 653 000 | 20,7% |
Cuarta | 2 941 000 | 16,9% |
Premios
[editar | editar a fonte]- Antena de Ouro da Federación de Asociaciones de Radio y Televisión de España.
- Premios da Unión de Actores ao mellor actor secundario (Daniel Albaladejo) e á mellor actriz secundaria (Esperanza Pedreño).
- Premio ao mellor programa de televisión de Punto Radio nos seus “Premios de la Radio”.
- Premio Calabuch á mellor serie de humor do Festival Internacional de Cinema de Comedia de Peñíscola.
- Premio ao mellor guión de ficción de serie de televisión dos Premios GAC de Guións.
- Premio Comunicarte ao mellor programa de televisión do Instituto de Imagen y Sonido “Puerta Bonita”.
- Fotogramas de Prata ao mellor actor de televisión (Arturo Valls).
- Premio ao mellor guión de ficción de serie de televisión dos Premios GAC de Guions.
- Premio Número 1 de Cadena 100 ao mellor programa de entretemento.
- Premio Protagonistas del Año de Punto Radio ao humor máis elegante.
- Premio Estilo en Movimiento ao mellor estilismo nunha serie de televisión.
- Premio da ATV ao mellor actor (Luis Varela).
- Premio da Asociación de Espectadores de Andalucía ao mellor programa de entretemento.
- Premio Ocio y Espectáculo dos Premios Anuais da Asociación Española de Editoriales de Publicaciones Periódicas (AEEPP).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camera Café |