Calendario de vacinación infantil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Modelo de calendario do ano 2017 de vacinación aprobado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social de España.

O calendario de vacinación infantil é o esquema de inmunizacións que os diferentes sistemas de saúde estatais ou rexionais establecen para a poboación pediátrica, coa fin de protexérena das doenzas que dispoñen de vacina.

Recoméndase que os nenos sexan vacinados tan pronto coma o seu sistema inmune sexa quen de responder á inmunización,[Cómpre referencia] coas doses de reforzo que posteriormente sexan precisas.

Vacinación infantil en Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia, o Servizo Galego de Saúde é o organismo encargado de deseñar e configurar o calendario vacinal, conforme ás recomendacións do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e o Ministerio de Sanidade de España.

No ano 2008, o calendario era o seguinte:

Logo SERGAS.png Calendario de vacinación (2008)[1]
0 meses Hepatite B
2 meses Vacina hexavalente: DTPa, Polio, Hepatite B, Haemophilus influenza B; Meningococo C
4 meses Vacina pentavalente: DTPa, Hepatite B, Hib; Meningococo C
6 meses Vacina hexavalente: DTPa, Polio, Hepatite B, Haemophilus influenza B
15 meses Vacina vírica tripla
18 meses Vacina pentavalente: DTPa, Hepatite B, Hib; Meningococo C
3 anos Vacina vírica tripla
6 anos DTPa
12 anos Varicela
14 anos Td (difteria e tétanos do adulto), Virus do papiloma humano

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade., ed. "Calendario de vacinación infantil de Galicia (setembro de 2008)" (PDF). Consultado o 31 de maio de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]