Cai Qiao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cai Qiao
Nacemento11 de outubro de 1897
Lugar de nacementoJieyang
Falecemento29 de xullo de 1990
Lugar de falecementoPequín
NacionalidadeRepública Popular da China
Alma máterUniversidade de Indiana, Universidade de Chicago, Universidade de California e Shantou Jinshan Middle School
Ocupaciónfisiólogo
PremiosAcademician of the Chinese Academy of Sciences
editar datos en Wikidata ]

Cai Qiao (chinés simplificado: 蔡翘; chinés tradicional: 蔡翹; pinyin: Cài Qiào), nado o 11 de outubro de 1897 en Jieyang e finado o 29 de xullo de 1990, foi un biólogo chinés que traballou no programa espacial do seu país.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cai Qiao doutorouse en 1925 en fisioloxía pola universidade de Chicago (Estados Unidos). Levou a cabo investigacións na universidade de Londres (Reino Unido) e na universidade de Frankfurt (Alemaña) en 1930. Foi profesor de investigación na Academia Militar de Ciencias Médicas e descubriu o área tegmental central no cerebro humano. En 1939 estableceu o primeiro instituto de fisioloxía en Chengdu. Nas décadas de 1930 e 1940 levou a cabo estudos sobre a función da glándula paratiroidea e do mecanismo da gluconeoxénese no fígado. Adicouse tamén a facer estudos de medicina relacionados coa navegación e a aviación, sendo pioneiro no seu país. En abril de 1966 formou parte tamén do panel de tres científicos expertos que axudaron a deliñar o primeiro proxecto de nave espacial tripulada china. A partir de 1978 comezou a supervisar estudos sobre neurobioloxía.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Cai Qiao" (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]