Cadela (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Co termo cadela podémonos referir a:
- Cadela, a femia do can.
- Cadela de frade, insecto dos dermápteros, con dous apéndices posteriores en forma de tenaces.
- Cadela de cen patas, miriápodo rastreiro de numerosas patas.
- Cadela, molusco bivalvo de pouca calidade (Scrobicularia plana). Aplícase tamén, impropiamente, a outras especies de molusco.
- Cadela das tetas longas, ser mitolóxico con forma de cadela branca e tetas que chegaban ó chan, cuxa presenza ou oubeo agoiraban a morte.
- Cadela, antiga moeda de cinco céntimos de peseta.
Ademais doutros significados na linguaxe común:
- muller irascible, que berra moito;
- febra solta de pelo;
- especie de gorra que se usaba no Ribeiro;
- distintos vermes como o que taladra a raíz do millo, a pataca, a verdura etc.;
- un tipo de peixe, coñecido como lorcho bravo.