Cabo de São Roque
Tipo | cabo praia | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Roque de Montpellier | |||
Localización | ||||
División administrativa | Maxaranguape, Brasil | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Altitude | 4 m | |||
O cabo de São Roque é un cabo situado no municipio de Maxaranguape, a 51 km ao norte de Natal, capital do estado brasileiro de Río Grande do Norte.[1] É o punto da costa brasileira máis próximo ao continente africano.
Historia
[editar | editar a fonte]Neste lugar comezou a primeira exploración portuguesa da costa brasileira, ao cargo de André Gonçalves e Amerigo Vespucci.[2] A expedición estivo formada por tres barcos que chegaron ás costas do país o 7 de agosto de 1501, fondeando os barcos a 5° 3' 41" de latitude sur, fronte ao lugar hoxe chamado Arraial do Marco, situado no vértice da costa do estado de Río Grande do Norte, a unhas 45 millas de distancia do cabo de São Roque, como se describe nos seus escritos.
Características
[editar | editar a fonte]A natureza da comarca presenta unha beleza pintoresca, xa que, ademais dos 6 km de dunas que hai na costa, outra vista que chama a atención son os cantís, xusto enriba do cabo, dende onde se divisa un xigantesco bosque de cocos e palmeiras.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "O Cabo de São Roque é o Brasil máis próximo a África". terra.com.br. Consultado o 2015.
- ↑ "Historia do Rio Grande do Norte". portal.ifrn.edu.br. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2017. Consultado o 2015.