Cabo de São Roque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 5°29′00″S 35°16′00″O / -5.48333333, -35.26666667

Vista do cabo.

O cabo de São Roque é un cabo situado no municipio de Maxaranguape, a 51 km ao norte de Natal, capital do estado brasileiro de Río Grande do Norte.[1] É o punto da costa brasileira máis próximo ao continente africano.

Historia[editar | editar a fonte]

Neste lugar comezou a primeira exploración portuguesa da costa brasileira, ao cargo de André Gonçalves e Amerigo Vespucci.[2] A expedición estivo formada por tres barcos que chegaron ás costas do país o 7 de agosto de 1501, fondeando os barcos a 5° 3' 41" de latitude sur, fronte ao lugar hoxe chamado Arraial do Marco, situado no vértice da costa do estado de Río Grande do Norte, a unhas 45 millas de distancia do cabo de São Roque, como se describe nos seus escritos.

Características[editar | editar a fonte]

A natureza da comarca presenta unha beleza pintoresca, xa que, ademais dos 6 km de dunas que hai na costa, outra vista que chama a atención son os cantís, xusto enriba do cabo, dende onde se divisa un xigantesco bosque de cocos e palmeiras.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "O Cabo de São Roque é o Brasil máis próximo a África". terra.com.br. Consultado o 2015. 
  2. "Historia do Rio Grande do Norte". portal.ifrn.edu.br. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2017. Consultado o 2015.