Cabo Frio
| |||
Estado | Río de Xaneiro | ||
Superficie | 400,7 km² | ||
Poboación Densidade |
165 591 (2006) 413,3/km² | ||
Altitude | 4 msnm | ||
Latitude | 22º52'46"S | ||
Lonxitude | 42º01'07" O | ||
Distancia de cidade do Río de Xaneiro | 155 Km | ||
Código postal (CEP) | 28900-000 | ||
Administración local: | Prefeitura Municipal de Cabo Frio - Pr. Tiradentes s/nº - Centro | ||
Internet: | https://web.archive.org/web/20190616102314/http://cabofrio.rj.gov.br/ | ||
Alcalde (Prefeito) | Marquinho Mendes | ||
Mapa da cidade en Río de Xaneiro | |||
---|---|---|---|
![]() |
Cabo Frio é unha cidade brasileira do estado do Río de Xaneiro situada no litoral, a 155 km da cidade do Río de Xaneiro.
Cabo Frio ten como principal actividade económica o turismo polas súas praias de augas quentes. Unha das máis coñecidas é a praia do Forte, urbanizada e próxima ó centro da cidade, que recibe ese nome debido ó Forte de São Matheus, construído polos portugueses en 1620 para protexer a rexión do ataque dos piratas. Pequenos paseos en barco para os turistas, a pesca e os mergullos para coñecer as belezas do seu mar son outros dos seus atractivos.
O seu comercio atende os seus moradores (máis de 150 mil persoas) e de cidades veciñas (Arraial do Cabo, Búzios, São Pedro da Aldeia) e tamén os turistas. Para estes últimos, destaca o comercio de roupas de baño, fabricadas na rexión por pequenos obradoiros de confeccións familiares. Tamén hai algún comercio de artesanías para os turistas.
Imaxes[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabo Frio ![]() |