Cabido de Fuerteventura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo do Cabido de Fuerteventura
Sede do Cabido de Fuerteventura, en Puerto del Rosario.

O Cabido de Fuerteventura (en castelán: Cabildo de Fuerteventura) é o órgano de goberno da illa de Fuerteventura, en Canarias. Como todos os cabidos, foi formado a partir da Lei de Cabidos de 1912, e é a forma gobernativa e administrativa propia das Illas Canarias, que cumpre dúas funcións principalmente: por unha parte, presta servizos e exerce competencias propias da Comunidade Autónoma e por outra, é a entidade local que goberna a illa. A xurisdición do cabido tamén inclúe á illa de Lobos.

O seu presidente dende 2003 é Mario Cabrera González, de Coalición Canaria.

Consellarías[editar | editar a fonte]

Na actualidade, para desempeñar as súas funcións, o Cabido de Fuerteventura conta coas seguintes consellarías (consejerías):

  • Presidencia, Comercio, Rede de Museos, Relacións Institucionais e con outras Administracións, Cooperación Internacional.
  • Augas, Residuos e Ordenación do Territorio.
  • Asuntos Sociais, Sanidade, Consumo, Vivenda e Inmigración.
  • Cultura e Patrimonio Histórico.
  • Deportes e Caza.
  • Industria, Enerxía, Actividades Clasificadas e Espectáculos Públicos.
  • Economía, Facenda e Novas Tecnoloxías.
  • Agricultura, Gandaría e Pesca.
  • Medio e Infraestruturas.
  • Educación e Xuventude.
  • Seguridade e Emerxencias.
  • Réxime Interior, Persoal e Patrimonio.
  • Transportes e Comunicacións.
  • Turismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]