Cabassous unicinctus
Cabassous unicinctus Armadillo de cola espida do Sur Armadillo de cola espida meridional | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabassous unicinctus naturalizado | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Cabassous unicinctus (Linneo, 1758) | |||||||||||||||||||||
Distribución de Cabassous unicinctus
|
Cabassous unicionctus, coñecido na bibliografía internacional como armadillo de cola espida do Sur ou armadillo de cola espida meridional, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (única da orde) e subfamilia dos tolipeutinos,[2] unha das catro que integran o xénero Cabassous,[3]
É a especie de máis ampla área de distribución de todas as dos armadillos de cola espida, xa que se estende sobre toda a metade norte do continente surameriucano, desde Venezuela a Bolivia, pasando por Colombia, Ecuador, Perú, Suriname, Brasil,[1] e quizais Paraguai.[4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Máis pequeno do que algúns outros armadillos, os machos miden unha media de 36 cm de lonxitude de cabeza e tronco, e pesan ao redor de 3,0 kg, mentres que as femias son máis grandes, xa que alcanzan os 38 cm e un peso de 3,8 kg. A cola mide uns 16 cm en ambos os sexos e ten só pequenas escamas na pel, como en todas as especies do xénero, e a diferenza dos escudos máis grandes que presentan a maioría dos armadillos.[6]
A parte superior do corpo está cubierta por unha armadura ósea de cor gris escura formada por escudos cadrados. Na parte media, esta coiraza divídese nunha serie de aneis móbiles (de dez a trece), dando ao animal certo grao de flexibilidade. Aínda que hai algunhas serdas e pelos ao redor das marxes dos escudos, a cola e a parte inferior do animal están desprovistas de pelo. A coiraza cobre a parte posterior do colo estendéndose até a cabeza, entre as orellas. Tamén hai escamas, máis pequenas e máis delgadas, nas meixelas e na superficie externa das orellas. O fociño é relativamente curto e as orellas son grandes e en forma de funil. As catro patas rematan en cinco dedos con garras, ás das patas anteriores particularmente grandes.[6]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]O armadillo de cola espida do Sur encóntrase no norte de Suramérica, ao leste dos Andes, chegando polo sur até o norte de Paraguai e o sur do Brasil.[7]
Vive nunha variedade de hábitats en toda esta rexión desde a selva tropical até zonas pantanosas, O Cerrado brasileiro e praderías abertas.[7]
É un animal terrestre, solitario e nocturno, que vive en numerosos hábitats desde o bosque tropical até en praderías. Ao igual que moitos outros armadillos, é insectívoro, alimentándose fundamentalmente de formigas e térmites. Escava tobos cuxa entrada é duns 16 cm de diámetro; as mesmas utilízaas só durante unha noite e despois as abandona.
Bioloxía e costumes
[editar | editar a fonte]O armadillo de cola espida do Sur é un animal solitario e do que se di que é nocturno nos trópicos,[7] pero se informou de que tamén é diúrno mais ao sur.[6] Como case todos os armadillos, é insectívoro, alimentándose case exclusivamente de formigas e térmites.[7]
A reprodución ocorre durante todo o ano.[8]
Este animal pode vivir até sete anos en catividade.[6]
Cabassous unicinctus pasa moito do seu tempo escavando; cava tobos de cerca de 16 cm de diámetro, na parte exterior, pero o animal, xirando o seu corpo ao escavar, constrúe espazos arredondados máis amplos a uns 45 cm da entrada. Polo xeral estes tobos están situados nas proximidades dos montículos dos termiteiros.[9]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1758 por Carl von Linné na 10ª edición do seu Systema Naturae,[2] baixo o nome de Dasypus unicinctus. Posteriormente foi reclasificado dentro do xénero Cabassous.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademaios de polo nome primixenio que lle impuxo Linneo, e do actualmentre válido, coñecense tamén polo sinónimo:[2]
- Cabassous undecimcinctus Illiger, 1815.
Subespecies
[editar | editar a fonte]É posíbel que este taxon poida abarcar máis dunha especie, e que as poboacións do norte e do sur representen especies separadas. (E. Cuéllar com. pers. 2004).[1]
Pero na actualidade, e despoisa do traballo de Wetzel (1980), recoñécense, dentro da especie, as dúas subespecies seguintes:[1][2][10]
Cabassous unicinctus (Linneo, 1758)
- Cabassous unicinctus squamicaudis (Lund, 1845)
- Cabassous unicinctus unicinctus (Linneo, 1758)
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Desde o ano 2006 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) vén cualificando o status de Cabassous unicinctus como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla área de distribución, á presumíbel abundante poboación, a que se acha en numerosas áreas protexidas, e porque é pouco probábel que a súa poboación estea decrecendo tan rapidamente como para incluír a especie nunha categoría de ameazada.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Anacleto, T. C. S., Moraes Tomas, W. & Superina, M. (2014): Cabassous unicinctus na Lista vermella de especies a meazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 29 de xaneiro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Cabassous unicinctus en MSW.
- ↑ Cabassous en MSW.
- ↑ Gardner, A. L. (1993): "Order Xenarthra". En: D. E. Wilson & D. M. Reeder, eds. Mammal Species of the World: A taxonomic and geographic reference. Second Edition, pp. 63-68. Washington DC, USA: Smithsonian Institution Press.
- ↑ Smith, P.; Owen, R. D.; Atkinson, K.; del Castillo, H. & Northcote-Smith, E. (2011): "First records of the southern naked-tailed armadillo Cabassous unicinctus (Cingulata: Dasypodidae) in Paraguay". Edentata 12: 53-57.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Hayssen, V. (2014): "Cabassous unicinctus". Mammalian Species 46 (907): 16–23.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Louise H. Emmons (1997): Neotropical Rainforest Mammals: A Field Guide, 2ª ed. Chicago: The University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-20721-6.
- ↑ Bonato, V. E. et al. (2008): "Ecology of the armadillos Cabassous unicinctus and Euphractus sexcinctus (Cingulata: Dasypodidae) in a Brazilian cerrado". Journal of Mammalogy '89 (1): 168–174. Arquivado 04 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Carter, T. S. & Encarnaçao, C. D. (1983):"Characteristics and use of burrows by four species of armadillos in Brazil". Journal of Mammalogy 64 (1): 103–108 Arquivado 05 de febreiro de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ Wetzel, R. M. (1980): "Revision of the naked-tailed armadillos, genus Cabassous McMurtrie". Annals of Carnegie Museum 49: 323-357.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabassous unicinctus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cabassous unicinctus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.