Saltar ao contido

Cabaña Verónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCabaña Verónica
Imaxe
Tiporefuxio de montaña Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional dos Picos de Europa Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCantabria, España e Camaleño, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°10′34″N 4°50′03″O / 43.17613, -4.83418
CordilleiraCordal Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.325 m Editar o valor en Wikidata

Páxina webfacebook.com… Editar o valor en Wikidata
Facebook: Refugio.Cabana.Veronica Editar o valor en Wikidata

Cabaña Verónica é un pequeno refuxio de montaña situado no municipio de Camaleño (Cantabria, España), a 2.325 metros de altitude nos contrafortes do Pico Tesorero, no Macizo Central dos Picos de Europa.

Características

[editar | editar a fonte]

Está aberto durante todo o ano, ten unha capacidade para seis prazas en liteiras e é propiedade da Federación Cántabra de Deportes de Montaña e Escalada. Está dotado de víveres, unha cociña de gas, caixa de urxencias, unha padiola especial para evacuación de accidentados e dunha emisora de radio pertencente a Protección Civil. Non existe fonte de auga próxima.

Este peculiar refuxio-vivac é moi coñecido entre os montañeiros de Picos de Europa ao ser o refuxio gardado existente a maior altura da Península Ibérica. Durante 25 anos estivo a cargo de Mariano Sánchez, garda de Cabaña Verónica, quen vivía alí todo o ano e realizaba desinteresadamente o seu mantemento, carrexando até el os materiais necesarios, ata que un cancro de pulmón o afastou de alí.

Foi inaugurado o 13 de agosto do ano 1961 e construído utilizando a cúpula metálica procedente da batería antiaérea do portaavións estadounidense "Palau", que se atopaba no despezamento. O seu nome provén do dunha das fillas de Conrado Sentíes, un dos promotores e artífices.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]