Vivac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vivac na neve en Benediktenwand, Alemaña.

Chámase vivac á práctica de durmir nun ascenso. Un erro de cálculo, unha tormenta, un accidente ou o pracer de durmir na ascensión poden levar a facer vivac, pero calquera montañeiro ao emprender un ascenso debe estar preparado e equipado para durmir nun ascenso.

O saco e a esterilla ou illante son as pezas fundamentais do equipo de vivac. O saco de vivac é un saco impermeable que pode usarse só ou sobre á bolsa de durmir, a súa función é impedir que o corpo se molle e illar o vento. A esterilla ou illante é un ferro de goma utilizada para illar a humidade e o frío do chan.

Hai varias técnicas para facer vivac que varían dependendo do clima e a situación xeográfica, polo xeral hai unha gran cota de improvisación na construción dun campamento de urxencia con elementos da natureza, xa sexa cavando un pozo na neve, utilizando troncos, rochas ou calquera elemento dispoñible para facer a noite máis confortable. Xeralmente recoméndase ademais do saco e a esterilla levar roupa seca de recambio, lanterna e alimentos.