Factor estimulante de colonias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CSF")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os factores estimulantes de colonias (CSFs, do inglés Colony-stimulating factor) son varios tipos de glicoproteínas citocinas reguladoras, que se unen a receptores situados na superficie de células nais hematopoéticas, o que activa nestas unhas vías de sinalización intracelular que poden causar que proliferen e se diferencien nun tipo específico de célula sanguínea, xeralmente glóbulos brancos. Os seus estímulos non son só proliferativos senón que tamén regulan funcionalmente a actividade das células.[1] Segréganos moitos tipos celulares, maiormente, células inmunitarias.

Aínda que os CSFs son funcionalmente similares, as súas secuencias non o son, e non se cre que deriven evolutivamente dunha molécula antepasada común.[1]

Poden ser sintetizados e administrados exoxenamente, xa que existen varios fármacos de análogos deles.

Nome e descubrimento[editar | editar a fonte]

O nome "factores estimulantes de colonias" (ou "das colonias") procede do método que se utilizou para o seu descubrimento. O que se facía era cultivar células nais hematopoéticas nunha matriz semisólida, que impedía que as células se movesen, para que, se unha soa célula empezase a proliferar, todas as células derivadas dela permanecesen agrupadas arredor do punto da matriz onde se encontraba a célula inicial. Estes grupos de células son as denominadas "colonias." Aos cultivos de células nais hematopoéticas engadíaselles diversas substancias e despois examinábase cal delas estimulaba a produción de colonias e cal non e que tipo de colonias se orixinaban. Así, por exemplo, a substancia que estimulaba a formación de colonias de macrófagos era denominada factor estimulante de colonias de macrófagos, e de xeito similar noutros casos.

Mecanismo[editar | editar a fonte]

Os factores estimulantes de colonias son solubles, a diferenza doutras substancias unidas a membranas presentes no microambiente hematopoético. Transducen sinais por sinalización parácrina, endócrina, ou autócrina.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Entre os factores estimulantes de colonias están:

Usos clínicos[editar | editar a fonte]

  • Estimulación da medula ósea
  • Mobilización de células nais

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 D. Metcalf: The molecular biology and functions of the granulocyte-macrophage colony-stimulating factors. In: Blood. Band 67, Nummer 2, Februar 1986, S. 257–267, ISSN 0006-4971. PMID 3002522. (Review)
  2. Stanley ER, Berg KL, Einstein DB, Lee PS, Pixley FJ, Wang Y, Yeung YG (January 1997). "Biology and action of colony--stimulating factor-1". Mol. Reprod. Dev. 46 (1): 4–10. doi:10.1002/(SICI)1098-2795(199701)46:1<4::AID-MRD2>3.0.CO;2-V. PMID 8981357.
  3. Francisco-Cruz A, Aguilar-Santelises M, Ramos-Espinosa O, Mata-Espinosa D, Marquina-Castillo B, Barrios-Payan J, Hernandez-Pando R (2014). "Granulocyte-macrophage colony-stimulating factor: not just another haematopoietic growth factor". Med. Oncol. 31 (1): 774. DOI:10.1007/s12032-013-0774-6. PMID 24264600.
  4. Souza LM, Boone TC, Gabrilove J, Lai PH, Zsebo KM, Murdock DC, Chazin VR, Bruszewski J, Lu H, Chen KK, Barendt J, Platzer, E, Moore, MAS, Mertelsmann R, Welte K (April 1986). "Recombinant human granulocyte colony-stimulating factor: effects on normal and leukemic myeloid cells". Science 232 (4746): 61–5. DOI:10.1126/science.2420009. PMID 2420009.

Alberts, Bruce; et al. (2002). Molecular Biology of the Cell (4th ed.). New York, NY: Garland Science. ISBN 0-8153-4072-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]