Saltar ao contido

Leucocito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Glóbulo branco»)

Os leucocitos ou glóbulos brancos son un conxunto heteroxéneo de células sanguíneas que actúan como efectores celulares da resposta inmune. Interveñen na defensa do organismo contra substancias estrañas ou axentes infecciosos (antíxenos). Orixínanse na medula ósea e no tecido linfático.

Os leucocitos son células móbiles que se atopan no sangue transitoriamente. Forman a fracción celular dos elementos figurados do sangue. A diferenza dos eritrocitos (ou glóbulos vermellos), non conteñen pigmento, polo que se coñecen como glóbulos brancos.

Son células con núcleo, mitocondrias e outros orgánulos celulares. Son capaces de se mover libremente mediante pseudópodos. O seu tamaño oscila entre os 8 e 20 microns. O seu tempo de vida varía dende algunhas horas, meses e ata anos. Estas células poden saír dos vasos sanguíneos a través dun mecanismo chamado diapédese (prolongan o seu contido citoplasmático), o que lles permite desprazarse fóra do vaso sanguíneo e poder ter contacto cos tecidos do interior do corpo.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Segundo a forma do núcleo clasifícanse en:

  • Polimorfonucleares: o seu núcleo adoita estar lobulado (xeralmente en tres segmentos).
  • Monomorfonucleares[1]: presentan un núcleo compacto e individualizado.

A observación a través do microscopio permitiu clasificalos segundo as súas características en:

A pesar destas clasificacións e diferenzas entre os leucocitos, todos se relacionan cos mecanismos defensivos do organismo.

  1. Adóitaselles chamar de xeito incorrecto mononucleares.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]