COS-B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
COS-B
Cos-B.jpg
COS-B
Tipo Observatorio espacial
Organización ESA
Data de lanzamento 9 de agosto de 1975[1][2][3]
Foguete portador Delta 2913[2][4][5][6]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg das Forzas Aéreas[2]
Obxectivo da misión Observación do ceo en raios gamma.[2][4]
Regreso 18 de xaneiro de 1986[1]
NSSDC ID 1975-072A
Masa 277,5 kg[4][2][7]
Dimensións 140 cm de diámetro x 121 cm de altura[4][2]

COS-B (acrónimo de Celestial Observation Satellite[4]) foi un observatorio espacial da Axencia Espacial Europea lanzado o 9 de agosto de 1975 mediante un foguete Delta 2913 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][4][6][5] Inicialmente pretendíase lanzar o satélite mediante un foguete Europa 2, pero descartouse tra-los diversos fallos técnicos co mesmo.[4]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de COS-B consistiu na observación da radiación gamma celeste no rango de enerxías entre 25 MeV e 1 GeV co obxectivo de estudia-los púlsares de raios gamma, cartografiar a Galaxia en raios gamma e facer un estudo en detalle do púlsar Geminga.[8]

O satélite foi inxectado nunha órbita altamente elíptica cun apoxeo de 100.000 km e un perixeo de 350 km e unha inclinación orbital de case 90 graos.[2]

O satélite tiña forma cilíndrica, cun diámetro de 140 centímetros e unha altura de 121 centímetros. Tendo en conta as catro antenas que sobresaían da parte inferior do cilindro, a altura total era de 172,2 cm.[2]

COS-B obtiña información sobre a súa orientación a partir dun sensor solar e dun sensor de albedo terrestre. A actitude controlábase mediante un sistema de control que usaba gas frío (nitróxeno) como propulsor. O mesmo sistema servía para axustar a rotación do satélite a unha velocidade de 10 revolucións por minuto, engadíndose un par de tobeiras de precesión para axustar o momento angular.[2]

O sistema de telemetría usaba un transmisor en tempo real de 6,5 vatios de potencia e cunha taxa de transmisión de datos de 160 ou 320 bps, seleccionable. A enerxía eléctrica era proporcinada por 9480 células solares montadas en 12 subpaneis no cilindro do satélite.[2]

A misión deuse por finalizada en abril de 1982[4] tras funcionar case o triplo do inicialmente estimado (6 anos e 8 meses frente a dous anos previstos)[8]. O satélite reentrou na atmosfera o 18 de xaneiro de 1986.[1]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

Como único instrumento, COS-B levaba a bordo un telescopio de raios gamma, que funcionou sen problemas durante toda a misión salvo problemas puntuais coa cámara de chipas e a perda normal de rendemento co paso do tempo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. «COS B» (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (4 de novembro de 2011). «COS-B» (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  3. «Letter dated 18 November 1975 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General» (PDF) (75-26865). 2 de decembro de 1975. Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. «COS B» (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. «Delta-2913» (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). «Delta 2913» (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012. 
  7. Mark Wade (2011). «COS» (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  8. 8,0 8,1 HEASARC (NASA), ed. (26 de xuño de 2003). «The COS-B Satellite» (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]