Saltar ao contido

COINage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

COINage
 Título
COINage
Coinage Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1964 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
ISSN0010-0455 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/027966p Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Twitter: coinagemag Editar o valor en Wikidata
Wikidata

COINage é unha revista numismática estadounidense de tiraxe bimestral, con base en Ventura, California, destinada aos coleccionistas de moedas e aos investidores.[1]

A revista creouse en 1964, inicialmente cunha periodicidade trimestral. Daquela a empresa que a publicaba era Behn-Miller Publications, con base en Dallas, Texas, unha compañía que era propiedade conxunta de Gordon Behn e do daquela director editorial de COINage, James L. Miller.[2] A partir do ano seguinte, 1965, pasou a publicarse quincenalmente, e entre 1996 e 2019 cambiou a súa periodicidade para pasar a publicarse mensualmente.

En outubro de 2019, cambiou novamente a súa periodicidade e converteuse nunha revista de tiraxe bimestral.[3]

Paralelamente, a revista está tamén unha versión en Internet.[4]

Distribución

[editar | editar a fonte]

A principal canle de distribución de COINage é o seu sitio web oficial. Con todo, tamén se pode comprar en comercios numismáticos e en librarías e quioscos especializados, e os seus subscritores poden adquirir tanto os números atrasados como os novos en sitios como Magzter.com ou Barnes & Noble.[5][6] Así mesmo, a revista dispón dun perfil en Facebook para conectar con lectores e posibles subscritores.[7]

Xunto con Coins, trátase duna das principais revistas numismáticas estadounidenses canto á súa difusión, cunha tiraxe de arredor de 100.000 exemplares en 2009.[8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

COINage gañou en cinco categorías en 2016,[9] e en catro categorías en 2017, nos premios do Gremio Literario Numismático.[10]

COINage céntrase principalmente nas moedas estadounidenses, aínda que tamén ten publicado artigos sobre papel moeda e sobre moedas non estadounidenses. Entre a variedade dos temas tratados están os seguintes:

  1. "COINage Media Guide". Coinagemag.com
  2. Ganz. D. L. (2004). "Farewell, Dear Friend". En NLG Newsletter. Numismatic Literary Guild. Vol. 35. Nº 1. Páxinas 1-2.
  3. "Letters to Readers". En COINage. Outubro de 2019.
  4. "Coinage". Coinagemag.com
  5. "COINage Magazine". Magzter.com
  6. "COINage". Barnesandnoble.com
  7. "COINage News". Facebook.com
  8. Travers, S. (2009). "Analyzing Collectors by Type". Usgoldexpert.com. 10 de outubro.
  9. "2016 Annual NLG Writers’ Awards". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org).
  10. "Numismatic Literary Guild Announces Award Winners at 2017 ANA Show". En Coinweek.com. 8 de agosto de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]